Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

El Concello de O Barco estará presente nun foro sobre experiencias de enerxía sostenible

Por   /  03/12/2015 

    Imprimir       Email
  • Un foro analiza experiencias de enerxía sostible desenvolvidas pola Deputación de Ourense en 19 concellos

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acollerá mañá, 4 de decembro, o Foro local de seguimento do “Proxecto 50000 and 1 SEAPs”, un evento no que se analizarán experiencias de enerxía sostible desenvolvidas pola Deputación de Ourense en 19 concellos da provincia. No foro participarán alcaldes e técnicos dos 19 concellos adheridos ao Pacto Provincial pola Sostibilidade.

50001seaps_logo

 

A Deputación de Ourense forma parte do consorcio do “Proxecto 50000 and 1 SEAPs”, que abarca a diferentes entidades locais, asociacións de concellos, asociacións internacionais e axencias de enerxía de 9 países da Unión Europea: España, Italia, Bulgaria, Francia, Alemaña, Grecia, Letonia, Polonia e Romanía.

Nesta experiencia da Deputación de Ourense poranse en valor diferentes Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) realizados en 19 Concellos da provincia de Ourense adheridos ao Pacto Provincial pola Sostibilidade (A Bola, A Gudiña, A Merca, Baltar, Cartelle, Celanova, Gomesende, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia e Verea).

O “Proxecto 50000 and 1 SEAPs” presentouse á última convocatoria de proxectos do período 2007/2013 do “Programa Enerxía Intelixente – Europa”, pertencente ao “Programa de Competitividade e Innovación (PIC)” da Comisión Europea, resultando aprobado. O obxectivo deste proxecto é o apoio ás autoridades locais no desenvolvemento integrado dos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) con sistemas de xestión enerxética segundo a norma ISO 50001.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →