Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

“Extraordinario labor de colaboración que existe entre a cidadanía de toda a comarca de Valdeorras e as Forzas e Corpos de Seguridade” R. Castro na Xunta Local de Seguridade de A Rúa

Por   /  21/01/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta Local de Seguridade de A Rúa constata un descenso na totalidade das infraccións penais
  • Analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano de 2015, e que manteñen unha tendencia á baixa tanto no número de delitos como nas faltas. Os índices de esclarecemento do total das infraccións penais increméntase, así como as detencións practicadas
  • Castro tamén apelou a seguir profundizando “no extraordinario labor de colaboración que existe entre a cidadanía de toda a comarca de Valdeorras e as Forzas e Corpos de Seguridade”. “Esa colaboración é importante e necesaria”

IMG_7331

 

O Concello de  A Rúa acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e a alcaldesa de A Rúa, María González Albert, e na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 19 de xuño de 2014, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá  e fixeron fincapé na importancia de colaboración entre a Policía Local do Concello de A Rúa e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Na Xunta Local de A Rúa analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano de 2015, e que manteñen unha tendencia á baixa tanto no número de delitos como nas faltas. Os índices de esclarecemento do total das infraccións penais increméntase, así como as detencións practicadas. Pola contra, as infraccións administrativas experimentan unha subida moderada.

A falta dos datos definitivos, que en breve fará público o Ministerio do Interior, constatouse un descenso do 13% no número de infraccións penais rexistradas no ano 2015 con respecto ao ano anterior.

O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceu o traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local que se  refrendou nas estatísticas expostas onte na Xunta.

Castro tamén apelou a seguir profundizando “no extraordinario labor de colaboración que existe entre a cidadanía de toda a comarca de Valdeorras e as Forzas e Corpos de Seguridade”.  “Esa colaboración é importante e necesaria” –subliñou o subdelegado do Goberno.

IMG_7326

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →