Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

‘FalaRedes 2016’ arranca en Ourense e ‘Todo me fala de ti’ terá parada no Barco de Valdeorras

Por   /  18/02/2016 

    Imprimir       Email
  • ‘FalaRedes 2016’ arranca en Ourense as actividades da rede de dinamización homenaxeando a Manuel María, da man de Uxía e de Magín Blanco
  • O secretario xeral de Política Lingüística presentou esta mañá ‘Todo me fala de ti’, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo alcalde e polos músicos responsables do espectáculo
  • A Sala Azul do Auditorio acolle o sábado o primeiro concerto, dirixido ás familias e aos cativos desde os 5 anos e familias, no marco da celebración do Día Internacional da Lingua Materna
  • A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala

4KEAljseO programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, promovido pola Consellería de Cultura e Educación –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, abre esta fin de semana a súa quinta edición. E faino en Ourense, coincidindo coa celebración institucional do Día Internacional da Lingua Materna, tal e como anunciaron en rolda de prensa esta mañá Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Jesús Vázquez Abad, alcalde da cidade.

“Como non podía ser doutro xeito, neste ano de Manuel María, o programa ‘FalaRedes’ integra unha das mellores propostas artísticas inspiradas no poeta do pobo para renderlle tributo e facer partícipe desta celebración a Rede de Dinamización, nomeadamente a xente miúda, da man de dous dos artistas máis coñecidos pola cativada galega, Uxía e Magín”, destacou o secretario xeral durante a súa intervención, na que avanzou que “este programa de dinamización porá en marcha xa a semana que vén a segunda das propostas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará aos concellos durante este ano para dinamizar a lingua galega”.

Pola súa banda, o alcalde fixo fincapé en que Ourense enmarca a actividade ‘Todo me fala de ti’ na celebración institucional do Día da Lingua Materna. García Gómez e Vázquez Abad estiveron acompañados polos músicos responsables de ‘Todo me fala de ti’, Uxía e Magín Blanco, e mais pola representante de Urdime Propostas Culturais, Emi Candal.

‘Todo me fala de ti’

‘FalaRedes’ ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para nenos e nenas de máis de 5 anos e para as súas familias.

Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. ‘Todo me fala de ti’ ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Baixo xestión de Urdime, o espectáculo de dinamización lingüística baseado no proxecto editado por Galaxia chegará a 15 localidades da RDL de febreiro a maio de 2016.

Próxima parada, Marín
A localidade pontevedresa de Marín será, logo da estrea na Cidade das Burgas do novo ‘FalaRedes’, a seguinte anfitrioa de ‘Todo me fala de ti’ o vindeiro sábado 27 de febreiro, ás 18:00 horas, na biblioteca pública municipal Vidal Pazos. Coma sempre no ‘FalaRedes’, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

A programación de ‘Todo me fala de ti’ desenvolverase ata o mes de maio nos concellos da Coruña, Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, Vilalba, O Barco de Valdeorras,O Carballiño, Cangas, A Estrada, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Ponteceso (en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal).

O calendario completo estará dispoñible proximamente no Portal da Lingua Galega, nas redes sociais do programa ‘FalaRedes’ e na Axenda de Cultura de Galicia.

‘FalaRedes’
O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán desde este mes e ao longo de todo o ano nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Os obxectivos de ‘FalaRedes’ son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

Ao longo das catro edicións anteriores, ‘FalaRedes’ chegou a todos os concellos que integran a RDL (que conta arestora con máis de 170 entidades adheridas), con preto de 700 actividades para público de diferentes idades.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →