Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Finaliza oficialmente #Vendima2016 en Valdeorras: 4,6 millóns de quilos e unha excelente calidade

Por   /  10/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Finaliza oficialmente a campaña de vendimia 2016 en Valdeorras, con 4,6 millóns de quilos de uva recollidos
  • O godello sitúase á cabeza como a variedade máis abudante na zona, con 2’4 millóns de quilos
  • Malia que se colleitou un 29% menos con respecto a 2015, “a uva de Valdeorras segue a gozar dunha excelente calidade”, sinala Francisco García

 

Tras case dous meses desde o inicio dos traballos, acaba de finalizar oficialmente a campaña da vendima en Valdeorras. Neste ano, 2016, recolléronse un total de 4.656.213 quilos de uva, o que supón un 29% por cento menos con respecto ao ano pasado. Esta redución, que xa estaba prevista, xustíficase por varios factores: o mildiu e outras afeccións das cepas rexistradas ao longo da campaña e os fenómenos meteorolóxicos adversos que se produciron: altas temperaturas e, tamén, pedrisco no verán, así como abundantes choivas na primavera.

Malia todo, un ano máis, “a uva de Valdeorras segue a gozar dunha excelente calidade”, sinala o presidente da D.O., “o que permitirá que os nosos viños volvan colocarse en postos de cabeza a nivel nacional”.

finvendima

 

Quilos recollidos por variedades

Por variedades de uva recollida, o godello colocouse de novo no primeiro lugar con 2,46 millóns de quilos. A continuación situase a mencía con 1,46 millóns de quilos. Por tras, veñen a variedade alicante, con 444.986 quilos; a jerez, con 213.852 quilos e sousón, con 33.344 quilos. Finalmente, únense á listaxe os 18.208 quilos de tempranillo recollidos; os 8.205 de merenzao; os 6.165 de albarello e os 397 quilos de dona branca que se colleitaron.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →