Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Folga ‘en defensa do ensino público galego’ no Barco

Por   /  12/04/2016 

    Imprimir       Email
  • Galiza Nova chama ao estudantado da comarca de Valdeorras a participar da Folga estudantil mañá 13 de abril “en defensa do ensino público galego”
  • No Barco de Valdeorras está convocada unha concentración ás 12h, na Praza do Concello

 

Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas no Barco unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de “ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade”. Para Mera, “mentres non se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Segundo informan desde as mocidades nacionalistas, no Barco realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes do centro IES Martaguisela. O responsábel comarcal Daniel Calvo indicou que “a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes.” Así mesmo, Daniel informou da concentración convocada por Erguer para a propia xornada de folga no Barco de Valdeorras, ás 12h na Praza do Concello.

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade de Valdeorras a apoiar a Folga Estudantil do 13 de arbil convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar.”

FB_IMG_1460203759223

Cartel

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →