Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Formandas en panadería, bolería e canapés 17 persoas no Barco de Valdeorras

Por   /  18/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Política Social forma 17 persoas no Barco de Valdeorras no marco da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020
  • Durante 11 días realizaron un curso de 50 horas de panadería, bolería e canapés, organizado polo equipo de inclusión na Rúa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

 

xunta-de-galicia-300x135Un grupo de 17 persoas, que participan na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 —cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo—, rematou hoxe no concello do Barco de Valdeorras un curso de panadería, bolería e canapés, organizado polo equipo de inclusión socio-laboral na Rúa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social.

Os contidos desa formación, que sumou un total de 50 horas, dende o pasado 7 de novembro, xiraron en torno a conceptos relacionados coa elaboración de masas de pan e produtos de pastelería, e coa confección de canapés. O obxectivo era capacitar as persoas que asistiron ao curso nas técnicas básicas de realización nesas materias.

Estas actuacións están incluídas nos itinerarios de inserción socio-laboral que os equipos de inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar preparan para todos os participantes na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →