Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Francisco García: “os meus obxectivos son transparencia, sentido común, austeridade e visión de futuro”

Por   /  06/04/2016 

    Imprimir       Email
  • O presidente do Consello Regulador leva algo máis dun mes a fronte do Consello Regulador de Valdeorras e considera que dará estabilidade a este órgano
Francisco García, presidente do Consello Regulador

Francisco García, presidente do Consello Regulador

 

Francisco García Álvarez leva algo máis dun mes a fronte do Consello de Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.  Non é un home de sillón e despacho senón que prefire estar a pé de campo, en contacto ca terra, a viticultura e os viticultores.  No comenzo da súa xestión ten as ideas claras, seguir loitando pola viticultura e os viticultores.

¿Qué valoración fai do primeiro mes como presidente do Consello  e cales son os seus obxectivos a fronte da Denominación?

E demasiado pronto para facer unha valoración. Neste momento estanse creando as bases para a participación de tódolos sectores con vistas xa á próxima cosecha e campaña.

 

¿Cales son os seus obxectivos ó frente da Denominación de Orixe?

Os meus obxectivos son os de transparencia,  austeridade, sentido común, visión de futuro e política de

 

¿Considera que podrá dar estabilidade ó Consello e poderá conciliar a todos os sectores do mesmo?

Sen ninguna dúbida.

 

¿Cales son as próximas feiras ás que acudirá o Consello. Son efectivas para a promoción dos viños de Valdeorras?

As próximas son La Feria Alimentaria de Barcelona, do 25 ó 28 de abril,; a London Wine,  no mes de maio, e a Feira de Valdeorras, entre outras Indudablemente sirven de escaparate para a promoción dos nosos viños.

Francisco García

Francisco García

 

¿Qué é o maís importante para vostede dentro do Consello Regulador?

O recoñecimento ó traballo dos viticultores e o sostemento da viticultura en Valdeorras.

 

Ten viñas e coñece labor dos viticultores…

A laboura dos viticultores é sufrida, pouco recoñecida e se sostén con amor ó terruño, tradición familiar etc.

 

¿Qué opina das adegas e a súa implicación na promoción dos viños?

Ante un mercado tan complexo e co respaldo da Denominación de Orixe cada bodega se promociona según a súa dimensión.

 

¿Cal é a trascendencia do próximo pleno do Consello?

Como todos os plenos, buscar acordos en interese de todos para o bó funcionamento do mesmo.

Francisco García nos seus viñedos

Francisco García nos seus viñedos

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →