Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Gañadoras da sexta edición do concurso de fotografía no marco do Outono Fotográfico

Por   /  26/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xerencia do SERGAS en Ourense fallou a súa sexta edición do premio de fotografía no marco do Outono Fotográfico
  • As fotos estarán expostas en diferentes centros de saúde e nos hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras
  • Os traballos premiados, de María López Díaz e Ana Martínez Folgoso, foron seleccionados por un xurado formado por profesionais gráficos dos medios locais

 

Os centros de saúde e hospitais do Servizo Galego de Saúde en Ourense acollerán, un ano mais, a mostra fotográfica dos mais de 200 traballos presentados á sexta edición do Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras”, integrada na programación do XXXIV Outono Fotográfico.

O concurso, dirixido a tódolos traballadores do C.H. Universitario de Ourense, Hospital Comarcal de Valdeorras, Hospital de Verín, e os Centros de Saúde da provincia, está destinado á captación de fondos gráficos, para a súa edición con fins expositivos, e de humanización de espazos, mediante a súa impresión en distintos formatos. Xunto a elo, estes fondos empréganse en publicacións propias como programas, dípticos, manuais, carteis, na intranet, entorno web, ou en cantos traballos de edición se realizan desde os centros.

Ademais do seu obxectivo principal, esta iniciativa procura tamén promover o coñecemento e emprego da intranet por parte dos traballadores, medio de difusión do conxunto de traballos presentados a premio.

Os traballos seleccionados a premio foron elixidos por un xurado formado por profesionais gráficos dos medios locais, Iñaki Osorio, do Faro de Vigo, Miguel Angel López, de La Region, Miguel Villar, de La Voz de Galicia, xunto a Carlos Bermello, do Servizo de Comunicación do Sergas en Ourense, e Xose Luis Vazquez, do Outono Fotográfico. Do seu fallo, resultaron premiadas as fotografías presentadas por María López Díaz e Ana Martínez Folgoso, que recibiron unha cámara réflex dixital e unha tableta electrónica, correspondente ao primeiro e segundo premio, respectivamente.

Primeiro premio

Primeiro premio

 

Onte, no acto de entrega de premios e inauguración da exposición, ao que tamén asistiu Xose Luis Vázquez, coordinador do Outono Fotográfico, a responsable da Xerencia, Eloína Núñez, agradeceu a alta participación dos profesionais nesta iniciativa, que ten por obxectivo final humanizar o entorno sanitario, facendo mais amables os espazos cotiás, tanto para os usuarios e visitantes como para os profesionais, e animou a continuar participando, tendo en conta a próxima apertura do novo edificio de hospitalización, onde se situarán moitos destes traballos.
2º premio

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →