Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Petín  >  Artículo Actual

Iniciadas as obras para mellorar a estabilidade dun noiro en Petín

Por   /  22/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta iniciou onte as obras para mellorar a estabilidade dun noiro na estrada OU-533, no Concello de Petín
  • Estes traballos, que foron adxudicados á empresa Explotaciones Medioambientales por un importe de máis de 215.000 euros, teñen un prazo de execución de dous meses aproximadamente
  • A actuación consistirá na execución dun muro para a contención do terreo, de 3 metros de altura e 80 de lonxitude, realizando un recheo con material filtrante
  • Tamén se colocará unha tubaxe para conseguir a evacuación de augas pluviais e executarase unha beiravía

 

0u533petin

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou onte as obras para mellorar a estabilidade dun noiro na estrada entre A Gudiña e A Rúa (OU-533), ao seu paso polo concello ourensán de Petín.

Estes traballos, que foron adxudicados á empresa Explotaciones Medioambientales por un importe de máis de 215.000 euros, teñen un prazo de execución de dous meses aproximadamente.

A área na que se actuará está situada entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295 desta estrada autonómica, na que tivo lugar un desprendemento do noiro.

A actuación consistirá na execución dun muro para a contención do terreo, de 3 metros de altura e 80 metros de lonxitude, realizando un recheo con material filtrante. Ademais colocarase unha tubaxe para conseguir a evacuación de augas pluviais e executarase unha beiravía na coroación do muro.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →