Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Manual para a prevención de riscos laborais na vendima

Por   /  15/09/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta edita un manual dirixido ao sector vitivinícola para a prevención de riscos laborais na vendima
  • A guía contou para a súa elaboración coa colaboración de adegas de todas as denominacións de orixe existentes en Galicia
  • É unha publicación sinxela e visual para que os traballadores poidan identificar as tarefas que realizan e a maquinaria que empregan co fin de coñecer e evitar os riscos aos que se enfrontan
  • Este documento abórdase desde o punto de vista da perspectiva de xénero, dada a importancia da muller neste sector
Un momento de la vendimia de este 2015

Vendimia (Valdeorras 2015)

 

A Xunta, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde no Traballo (ISSGA), vén de editar Os Actúa do ISSGA-Prevención de riscos na vendima, un documento dirixido ao sector vitivinícola para a prevención de riscos laborais neste tipo de tarefas.

Eeste documento que para a súa elaboración contou coa colaboración de diversas adegas de todas as denominacións de orixe existentes en Galicia.

A publicación forma parte da colección Os Actúa do ISSGA, un conxunto de guías técnicas nas que se abordan os riscos máis significativos no traballo. O documento que se vén de editar agora preséntase de forma sinxela e visual, de xeito que os traballadores e traballadoras poidan identificar os lugares e as tarefas habituais que desenvolven, así como os equipos e máquinas que empregan a diario co fin de coñecer e evitar os riscos laborais aos que se enfrontan.

O manual recolle situacións reais que se dan con máis frecuencia. A guía pretende concienciar dos riscos máis importantes, como son as caídas a distinto nivel, os envorcos de tractor, os cortes con ferramentas ou a inadecuada utilización dos aparellos elevadores. Tamén advírtese doutros tipos de situacións como o calor e os trastornos músculo-esqueléticos derivados das posturas e o manexo de cargas e sobre as picaduras de insectos, facéndose especial fincapé nos primeiros auxilios.

En definitiva, a iniciativa inclúe os riscos relativos á seguridade dos lugares de traballo e dos equipos, así coma os riscos do ambiente laboral, o uso seguro de substancias e mesturas e a manipulación manual de cargas, tanto durante a vendima como no labor diario nas viñas.

O sector vitivinícola é un colectivo sometido a riscos de especial interese, xa que os seu traballadores e traballadoras están expostos a circunstancias de diversa índole asociadas tanto ás formas tradicionais de produción como ás formas de traballo derivadas das innovacións tecnolóxicas.

O documento, ademais, que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, co que o Goberno galego está a impulsar o traballo estable e de calidade, abórdase desde o punto de vista da perspectiva de xénero, dada a importancia da muller no sector vitivinícola.

.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →