Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Noa Presas en Valdeorras: “O BNG inclina a balanza dos gobernos cara a esquerda e a unha Galiza de futuro como na Rúa”

Por   /  22/06/2016 

    Imprimir       Email
  • Noa Presas: “A candidata de Ciudadanos está en prácticas, o PSOE é un partido esgotado, o PP xa non ten ningún tipo de crédito i En Marea é simplemente un anexo de Podemos”
  • Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, animou á militancia a “saír o domingo e demostrar que queremos a este país e que non llo imos entregar gratuitamente a ninguén”

Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, dixo onte na Rúa –onde participou nunha visita ao Centro de Saúde xunto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e a alcaldesa María Albert- que “hai que botar ao Partido Popular do goberno das administracións para que non continúen os recortes que levan a situacións coma as que se vivirán aquí, na Rúa, este verán co servizo de atención médica reducido a metade porque non se cobren as vacacións, precisamente nunha época na que aumenta a poboación”.

a rua 1

 

A candidata do BNG por Ourense insistiu en que o concello da Rúa é un exemplo de como o BNG, “cando ten oportunidade”, inclina a balanza dos gobernos “cara a esquerda e a unha Galiza de futuro”. “No que vai de campaña quedou demostrado que nin a dereita nin a esquerda estatais teñen un proxecto para este país”, lembrou Presas un día despois do debate en Telemiño.

a rua 2

Noa Presas dixo que no debate quedou en evidencia que “a candidata de Ciudadanos está en prácticas, o PSOE é un partido esgotado, o PP xa non ten ningún tipo de crédito i En Marea é simplemente un anexo de Podemos”.

Aba Pontón, portavoz nacional do BNG, animou á militancia a “saír o domingo e demostrar que queremos a este país e que non llo imos entregar gratuitamente a ninguén. Nin  aqueles da vella política  que fixeron promesas que se converteron en recortes laborais e sociais nin  aos da nova política que volven a facer promesas  sen contar con Galiza”. A portavoz do BNG non escatimou criticas ás forzas estatais que veñen a buscar o voto a Galiza. Forzas que un día son comunistas, ao día seguinte peronistas e agora socialdemocratas, o BNG loita para que os galegos e galegas teñamos futuro e non estar abocados á  precaridade laboral que nos afoga. O BNG quere un ensino público, laico e galego, non quere que só estuden os que teñan máis recursos.

 

Pola tarde, Noa Presas participou nun encontro aberto con militantes e simpatizantes no Barco de Valdeorras.

barco 1

Noa Presas no Barco de Valdeorras

barco 2

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →