Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Nova consulta de educación diabetolóxica en Valdeorras

Por   /  15/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Os pacientes de Valdeorras contan cunha nova consulta de educación diabetolóxica
  • Seu obxectivo é fomentar os autocoidados ofrecendo formación individualizada e de grupo sobre seus tratamentos, nutrición ou control de factores de risco
  • Complementa ás consultas de endocrinoloxía e permite un contacto directo cos pacientes que xa non terán que trasladarse a Ourense para formarse

 

Urgencias

Urxencias Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV)

O Hospital Comarcal de Valdeorras ven de abrir unha nova consulta de Educación Diabetolóxica, destinada a formar a estes pacientes sobre seus autocoidados, ofertando información individualizada e de grupo sobre tratamentos, controis de glucemia, alimentación e prevención dos factores de risco de complicacións derivadas desta enfermidade crónica.

A nova consulta, que está atendida por unha enfermeira formada en endocrinoloxía e educación diabetolóxica, ven a complementar as consultas de Endocrinoloxía, que desde hai uns anos se ofertan directamente no centro barquense, polo que desde agora os pacientes valdeorreses tampouco terán que desprazarse a Ourense para recibir formación.

A formación dos enfermos de Diabetes é tan importante como os propios tratamentos, xa que súa implicación no control da súa enfermidade, seu autocoidado, é parte esencial no mantemento da súa saúde, especialmente, tendo en conta que a diabete é unha enfermidade crónica, que conleva toda unha serie de modificacións na vida cotiá dos pacientes, derivados da periodicidade dos tratamentos, utilicen ou non insulina, cambios na alimentación e hábitos de vida, por todo elo, é clave que entendan a enfermidade e saiban como tratala.

Educación das persoas con diabetes

O obxectivo da educación diabetolóxica é mellorar o coñecemento sobre a enfermidade, capacitándo aos pacientes para integrar o autocontrol da enfermidade na vida cotiá. Así, mediante esta consulta procurarase formalos no control de factores de risco, incluídos glucemia, lípidos, presión arterial e tabaquismo; manexo de complicacións asociadas á diabetes; coidados do pé diabético; calidade de vida; control e medición da glucemia e medicación.

En xeral, a nova consulta do H. C. de Valdeorras tentará involucrar aos pacientes nos seus coidados e favorecer súa autonomía mediante o autocontrol, así como promover hábitos saudables como a dieta, control do peso e exercicio físico.

Diabetes e factores de risco de padecela

A diabete mellitus caracterízase pola elevación dos niveis de glicosa en sangue (hiperglicemia), causante dos síntomas típicos da enfermidade: sede excesiva, micción frecuente, cansazo e perda de peso inexplicable. A diabete é resultado dunha secreción deficiente de insulina (hormona que segrega o páncreas), unha resistencia á acción da mesma ou a ambas causas.

É unha enfermidade crónica, non transmisible, sen distinción de idade ou sexo, cada día máis frecuente nos países máis desenvolvidos, debido á maior oferta alimentaria que acentúa a obesidade, directamente relacionada ca aparición da diabete, xunto co colesterol elevado e a hipertensión. Outros factores son hereditarios, velaí a importancia de evitar os modificables.

Contrariamente á crenza popular, a maioría dos diabéticos, o 80%, non son insulino-dependentes, xa que poden controla-la súa enfermidade con pastillas, seguimento dunha dieta e exercicio, no que se coñece como Diabete tipo II. Aínda así, en moitos casos, este tratamento oral deixa de ser efectivo e teñen que recorrer á insulina.

Controlar complicacións e mortalidade

A diabete é a sexta causa de morte en España. Súa mortalidade esta relacionada co tempo de evolución, factores de risco cardiovascular asociados, complicacións, etc. Súa incidencia global en España representa ao 6% da poboación adulta e ao 7% en Galicia.

Na provincia de Ourense, o Servizo de Endocrinoloxía, diagnostica anualmente ao redor de 150 novos casos de diabete tipo I, e entre 1800 y 2000 da tipo II, pero aínda son moitos os pacientes que descoñecen ter diabete, polo que, sen control, arríscanse a graves danos no corazón, riles, sistema nervioso e visión (as complicacións oculares mais frecuentes son cataratas e glaucoma, ou mais graves como a retinopatía que, sen un correcto control pode conducir á cegueira.)

Da importancia das complicacións oculares da idea súa prevalenza: o 25% dos enfermos de diabetes padecen esta doenza, e máis especificamente o 20% dos diabéticos de tipo II (non insulino-dependentes e en xeral persoas de idade avanzada) e ata o 40% dos de tipo I.

Os centros de saúde, son responsables do seguimento do 80-90% dos casos, diabete tipo II, contan cun programa diagnóstico e seguimento, mediante un cribado que inclúe a realización programada dun electrocardiograma, analítica, proba de fondo de ollo e controis puntuais de glucemia. Todas estas iniciativas contribúen a incrementar a esperanza e calidade de vida deste colectivo en Galicia.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →