Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

O alcaldes de Manzaneda e Oleiros falarán en A Rúa de “Municipalismo” e contarán a súa experiencia na formación de plataformas veciñais

Por   /  13/06/2016 

    Imprimir       Email
  • A charla-coloquio está organizada por Podemos A Rúa e será na Biblioteca municipal o vindeiro xoves

TTIP 01

 

O  vindeiro xoves, 16 de xuño, a Biblioteca de A  Rúa acollerá, a partires das 20.00 horas do serán,  unha charla-coloquio sobre  “Municipalismo, as súas posibilidades e os seus límites”, organizada por Podemos A Rúa. Nesta ocasión, serán Ángel García Seoane e David Rodríguez, os alcaldes de Oleiros e Manzaneda, respectivamente,  os que falarán e porán sobre a mesa a súa experiencia na formación de plataformas veciñais.

TTIP 02

 

Precisamente,  o pasado venres,  a persoa invitada por Podemos de A Rúa foi  Lídia Senra, eurodiputada de AGE , quen participou nun debate sobre o “Tratado Transatlántico de Comercio e Inversiones” (TTIP) e, ademais, falour doutro   acordo menos coñecido, o CETA, un tratado entre Canadá e a UE, prácticamente pechado, que se chega a ser aprobado fará prosperar o TTIP.

TTIP 04

 

Para Podemos A Rúa os citados acordos, son “acordos vampiros, como os denomina a activista francesa Susan George, acordos que cando son expostos á luz morren. De aí a importancia, como resaltou Lídia na súa exposición, dos debates públicos fronte á falta de transparencia das Administracións e empresas implicadas, debates que ao mesmo tempo vaian creando as condicións para unha mobilización social densa. Só cunha resistencia tenaz dos de abaixo poderanse parar estes acordos creados para favorecer os intereses das grandes multinacionais a expensas da saúde, o medio ambiente e as condicións laborais da gran maioría”, expone a citada formación política.

TTIP 003

 

Foto Cartaz Municipalismo

Foto Cartaz Municipalismo

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →