Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

O Barco de Valdeorras xa é titular da avenida Elena Quiroga

Por   /  28/09/2016 

    Imprimir       Email
  • O DOG publicou onte o cambio de titularidade da avenida Elena Quiroga a prol do concello do Barco de Valdeorras
  • Esta vía, cunha lonxitude de 400 metros, actúa como variante da N-536, ao seu paso polo núcleo de Viloira, estando delimitada entre a Ponte de San Fernando, a estrada autonómica OU-121 e un cemiterio
  • O cambio de titularidade é efectivo hoxe e a entrega dos bens formalizarase nun prazo de dous meses mediante a sinatura da acta
  • Corresponderanlle ao Concello do Barco de Valdeorras todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade da avenida Elena Quiroga a prol do Concello do Barco de Valdeorras. Neste enlace ao DOG pódese consultar este decreto.

O Concello do Barco de Valdeorras solicitou á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o traspaso desta vía que ten unha lonxitude de 400 metros. Neste sentido, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á citada transferencia.

Esta vía actúa como variante da N-536, ao seu paso polo núcleo de Viloira, estando delimitada entre a Ponte de San Fernando, a estrada autonómica OU-121 e un cemiterio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes das entidades locais, logo do acordo das administracións afectadas. Os cambios de titularidade deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia.

O cambio de titularidade é efectivo hoxe e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes mediante a sinatura da correspondente acta.

Corresponderanlle ao Concello do Barco de Valdeorras, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Elena Quiroga

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →