Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Rubiá  >  Artículo Actual

O BNG lamenta “a falta de espazos para colocar carteis electorais en Rubiá e Vilamartín”

Por   /  16/06/2016 

    Imprimir       Email
  • A formación nacionalista afirma que loitará para facer chegar a súa mensaxe á poboación

O coordinador do BNG na comarca de Valdeorras, Manuel Agra Villar, deu a coñecer que o BNG lamenta a falta de espazos para colocar os carteis electorais da formación nacionalista nos concellos de Rubiá e Vilamartín.

Manuel Agra Villar

Manuel Agra Villar

 

O BNG de Valdeorras valorou que “lamentamos e denunciamos que estes concellos non teñan sensibilidade coas organizacións que non teñen cabida nos debates “a catro”. Pese ás deficultades, o BNG seguirá loitando por facer chegar a súa mensaxe nacionalista á poboación”.

Dita circunstancia non desanima á formación nacionalista. A propia Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense reiterou nos últimos días que o BNG afronta a repetición das eleccións xerais con compromiso, ganas de traballar e, sobre todo, moita ilusión.

Noa Presas no Barco

Noa Presas no Barco

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →