Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

O Bolo-Manzaneda, unha das cinco rutas culturais ofertadas ‘Coñece Ourense’, para estudantes da ESO

Por   /  07/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Viaxe pola historia e a cultura da nosa provincia co programa “Coñece Ourense”, para estudantes da ESO
  • A Deputación de Ourense organiza este programa escolar, dirixido aos mozos ourensáns para que poidan afondar no coñecemento do patrimonio arquitectónico, histórico e natural da nosa provincia.
  • O primeiro itinerario comezou onte no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Lansbrica”, en San Cibrao de Lás, onde Manuel Baltar explicou que o obxectivo desta iniciativa “é que os estudantes da ESO coñezan elementos da nosa cultura, patrimonio e etnografía”.
  • Os colexios interesados en participar no programa poden anotarse para realizar algunha das cinco rutas culturais ofertadas: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, Ribeira Sacra ourensá, e O Bolo-Manzaneda

 

Presentación do programa escolar Coñece Ourense

Presentación do programa escolar Coñece Ourense

 

A Deputación de Ourense organiza o programa escolar “Coñece Ourense”, unha iniciativa a través da cal difunde o patrimonio natural e arquitectónico-artístico da nosa provincia entre o alumnado da ESO. A presentación deste programa tivo lugar onte no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Lansbrica”, en San Cibrao de Lás, situado entre os municipios de San Amaro e Punxín, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; a coordinadora da actividade, Olalla Lorenzo; e profesores e alumnos do colexio Santo Ángel de Ourense.

Manuel Baltar explicou que esta iniciativa “está dirixida aos alumnos de ESO en Ourense, para que coñezan elementos básicos da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa etnografía, en definitiva, que coñezan máis a nosa provincia, que é a súa provincia”, destacando a importancia de que unha administración como a Deputación de Ourense “aposte polo coñecemento dos ourensáns máis novos”.

Asemade o presidente do goberno provincial dixo que esta acción “que ten que ver coa auto-identificación e con esa ourensanía da que sempre falamos e que sempre exercemos, nace para que os colexios da provincia se sumen a esta iniciativa cultural que ofrece cinco rutas por toda a provincia para amosar a nosa riqueza patrimonial e etnográfica de séculos de historia”. “Ourense é un “gran continente” con moitos atractivos, que o goberno provincial trata de unir para posicionar a “Marca Ourense” e as súas singularidades, coa finalidade de que os ourensáns do mañá as fagan súas”, sinalou o presidente do goberno provincial.

Coñece Ourense, a día de hoxe, xa ten pechadas 35 excursións polas cinco rutas que existen, unha iniciativa que se desenvolverá desde agora e tamén no 2017. Os colexios interesados en participar poden anotarse para realizar algunha das cinco rutas culturais ofertadas: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, Ribeira Sacra ourensá, e O Bolo-Manzaneda.

Este programa escolar permitirá aos participantes coñecer elementos do Neolítico, ou converterse en “soldados romanos” na visita a Bande, ver as pegadas castrexas (San Cibrao de Las), os restos xudeus de Ribadavia, as civilizacións medievais e un santuario barroco nas Ermitas (Manzaneda e O Bolo), e valorar a importancia dos nosos mosteiros (San Pedro de Rocas, Santa Cristina e Montederramo) e das nosas augas mineiro-medicinais.

Cada centro escolar visitará un destino, para o cal ten que escoller dúas das cinco opcións que se ofertan, por orde de preferencia. O número máximo de alumnado por centro é de 47. A reserva farase por rigoroso orde de chegada das solicitudes ao correo: cultura@depourense.es.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →