Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

O Concello de A Veiga subvenciona ata o cen por cen a cuota dos autónomos para incentivar ós emprededores

Por   /  07/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A medida persigue facilitar o emprego as persoas que queren montar o seu negocio e fixar poboación no municipio

concello_aveiga_150_90O Concello de A Veiga ven de aprobar unha liña de subvencións para o pagamento das cuotas no Réximen Especial de Traballadores Autónomos. A iniciativa nace debido ao despoboamento do medio rural e as dificultades que se atopan as persoas emprendedoras que queren montar  un negocio pola súa conta.

Dentro da Liña Estratéxina Número 3 do Plan Estratéxico de Subvencións para o ano 2016 correspondente ao Desenvolvemento Rural,  o Concello de A Veiga aprobou  as bases reguladoras de subvencións destinadas ao copagamento das cuotas da Seguridade Social do Réximen Especial Traballadores Autónomos, incluido o Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios.

Os beneficiarios son persoas empadroadas e residentes no municipio dadas de alta no Réximen Especial de Traballadores Autónomos dende o 1 de xaneiro de 2016.

As subvencións consisten no cofinanciamento por 12 meses consecutivos según a seguinte distribución: Durante os tres primeiros meses, o 100% da cuota a pagar a Seguridade Social; Do carto ó sexto mes, 75% da cuota a pagar a Seguridade Social y do séptimo ó duodécimo mes, 50% da cuota a pagar a Seguridade Social.

A subvención é compatible con calquera outra promoción de autoemprego establecida polas distintas administracións públicas ou privadas.

O alcalde,  Juan Anta Rodríguez, afirma que estas medidas “tómanse co principal obxectivo de promover o traballo por conta propia e o espíritu empresarial e facilitar a creación do posto de traballo a aquelas persoas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional no municipio de A Veiga, asentando así novos poboadores e axudando a fixar poboación”.

 

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →