Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

‘O Concello do Barco pode facer máis polos desempregados’ según Riada Cidadá

Por   /  14/05/2015 

    Imprimir       Email

‘O Concello do Barco pode facer máis polos desempregados’ según Riada Cidadá.

RC_Paro

Según esta formación, no Concello de O Barco hai nestes momentos 1177 parados (datos de abril de 2015). O desemprego cébase sobre todo nas mulleres, xa que actualmente son 733 as que están sen traballar. Unhas 650 personas de entre 18 y 45 añose stán a demandar traballo segundo a oficina comarcal de emprego. E os que están empregados padecen condicións moi duras de precariedade como consecuencia da implantación da reforma laboral do Partido Popular, que tiña por finalidade abaratar os costos salariais das empresas.

Ante esta situación o sistema só lles ofrece como alternativa a corto prazo a emigración, como xa fixeran os pais e avós nas décadas do sesenta e setenta. É a famosa “mobilidade exterior” da que falaba a miserenta Ministra de Traballo.

A outra alternativa e a de formarse para competir nun mundo cada vez máis inprevisible pero tamén máis insolidario. EnValdeorras aínda se dan posibles nichos de traballo ligados a industria e ao sector servizos: camareiros especializados, condutores de camións e especialistas en máquinas ferramentas; no mundo da viticultura; ou no sector forestal.

Para frear esta sangría da xuventude, dende Riada Cidadá plantexan no seu programa a necesidade de potenciar as escolas taller que non obedezan a razóns clienteraís para formar especialistas en vellos oficios: encofradores de formigón, cociñeiros, canteiros, labradores de pedras, xardiñeiros, etcétera.

Asimesmo, queren introducir módulos específicos de formación no ensino regrado: enoloxía, mecánicos industriais, hostalaría e especialistas en comercio exterior ligados ao sector da lousa. Como complemento desta formación traballarán pola ampliación e potenciación da delegación da Escola Oficial de Idiomas.

Non se esquecen da necesidade de abaratar o chan industrial no polígono da Raña como requisito previo para a instalación de empresas e a impulsar dende o Concello calquera iniciativa do mundo da economía social (cooperativas) que sexan sostibles co medio ambiente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →