Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

O Director Xeral de Calidade Ambiental confirmou que antes dun mes adxudicarase o selado do vertedoiro da Rúa

Por   /  15/04/2015 

    Imprimir       Email

Concello de A RuaNo transcurso dunha reunión mantida no día de onte en Santiago, o Director Xeral de Calidade e Validación Ambiental da Xunta de Galicia, Justo de Benito, confirmoulle ó alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, que nunhas poucas semanas comezarán os traballos necesarios para o selado do vertedoiro de inertes do Polígono Industrial das Pedreiras. Unha obra presupostada en 475.000 € que serán facilitados pola Consellería de Medio Ambiente.

O Director Xeral asegurou que nos vindeiros días avaliarase a parte técnica dos distintos proxectos presentados, para, xusto a continuación, valorar o capítulo económico. O compromiso dos técnicos da Xunta é que no prazo dun mes esté adxudicada a obra e que, só uns días máis tarde, comecen os traballos no polígono da Rúa. Gabinete de Comunicación do Partido Popular da Rú

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →