Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O domino “.gal” segue medrando

Por   /  06/03/2016 

    Imprimir       Email
  • Preto de 50 portais da Xunta de Galicia empregan xa o domino “.gal”
  • Continúa o proceso de consolidación de “.gal” como dominio de referencia da Administración autonómica na Rede
  • En 2017 todos os portais institucionais e os correos corporativos empregarán o “.gal”
  • Esta medida, regulada por un Decreto aprobado en 2015, resposta á implicación da Xunta na consecución do dominio galego en internet
  • En Valdeorras, temos o caso do concello da Rúa como exemplo de implantación

Logro histórico
A consecución do dominio “.gal” foi un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.

Apoio da Xunta ao “.gal”

imx-cab02O 25 de xullo de 2014 entraron en funcionamento os primeiros dominios “.gal”, resultado dun proceso de oito anos, impulsado pola Asociación puntoGal, que contou coa implicación de diversas institucións, entre elas a Xunta de Galicia, que apoiou a iniciativa institucional e financeiramente. A Administración autonómica foi unha das entidades pioneiras que nesa xornada activou 9 dominios .gal en internet.

En coherencia con esta implicación, e entendendo que o dominio .gal é unha oportunidade para o posicionamento de Galicia e da lingua galega en internet, a Administración autonómica galega decide adoptar de maneira preferente o dominio .gal para a súa presenza na Rede.

Xunta

Un total de 46 portais da Administración autonómica, entre eles xunta.gal, empregan xa o dominio galego. A Xunta, avanza así no proceso para consolidar o “.gal” como dominio que identificará  todas as súas iniciativas en internet. Este compromiso concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi aprobado en maio de 2015.

Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego. En paralelo, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao “.gal”. O obxectivo é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo utilizarán só o puntogal.

O Decreto aprobado en 2015 determina un novo modelo de presenza na rede para todos os portais institucionais, que se estruturan arredor de www.xunta.gal, como porta de entrada a todos os espazos e servizos web sociais e participativos dos organismos e entidades que integran o sector público autonómico.

A adaptación ao novo dominio estase a desenvolver de xeito paulatino e sen que supoña ningún custe adicional para a Administración autonómica.

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →