Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga terá un bono de catro euros “para poñer en valor e dinamizar o comercio local”

Por   /  09/03/2016 

    Imprimir       Email
  • Presentado o I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga no que se disputará o II Campionato de Galicia de Trail
  • A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará o 3 de abril no Concello da Veiga

0 0 Ana Villarino presentacin do I Trail A Veiga

 

O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga no que se disputará o II Campionato de Galicia de Trail celebrarase o 3 de abril no concello da Veiga. O acto de presentación deste evento tivo lugar onte Pazo Provincial onde estivo presente a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva pois o ente provincial “entende como un binomio inseparable turismo e deporte, entendemos que promocionar unha actividade deportiva deste tipo como é un trail e unha andaina van sempre da man co turismo porque aquelas persoas que asistan a estas probas van a ser nun futuro prescriptores de A Veiga, neste caso, porque unha vez que visiten esta localidade van a ver o seu entorno natural, as súas montañas, e outros atractivos turísticos”.

Esta primeira edición do trail e andaina Trevinca-A Veiga contempla “no regulamento dous tipos de trail: un trail longo que é o campionato galego para xente máis experimentada de 21 quilómetros e un trail curto para persoas que non teñen esa experiencia para complementar que non é o campionato galego, sería o trail da Veiga de 15 quilómetros e, a andaina cunha distancia de 13 quilómetros”, explicou Agustín González.

Juan Anta destacou que esa variedade de distancias (13, 15 ou 21 quilómetros) “en función da dificultade que cada un queira ter, implica que todo o mundo poida participar sen ningún problema, transcorrerá por camiños, pistas, montes, é dicir, será moi variado e seguro que todo o mundo o desfruta moito”.

Asemade o alcalde da Veiga recordou que o concello entregará a cada un dos inscritos na proba deportiva un bono de 4 euros para que poidan consumir en todos os establecementos da Veiga “para poñer en valor e dinamizar o comercio local”, sinalou Juan Anta.

Agustín González que explicou os aspectos técnicos do trail asegurou “o maior problema que teñen estes eventos hoxe en día en Galicia e en España é que hai tantos eventos deste tipo a nivel nacional que fai difícil ubicalos onde menos competencia teñamos pero o feito de que sexa campionato galego confiamos en chegar a un centenar de participantes, dende logo o Club de Valdeorras, o Club ADAS, hai algúns atletas que van a participar aínda que non son especialistas nese tipo de eventos, e a nivel ourensán, practicamente temos confirmado,a Elpidio Gómez Sousa, que sen dúbida será un dos candidatos ao título autonómico dese trail”.

Os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata o 31 de marzo e poderán facelo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ou na dirección de correo electrónico maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es. O prezo da inscrición é de 10 euros no caso de realizarse antes do 28 de marzo, e despois desta data o prezo da inscrición será de 15 euros.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →