Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Carballeda  >  Artículo Actual

O incendio en Casaio afectou 36 hectáreas

Por   /  28/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
  • Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36 hectáreas, das cales 0,5 son de monte arborado e o resto raso

 

Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Arquivo. Incendio en Carballeda

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.

O lume, que comezou esta mañá ás 08:40 horas, quedou finalmente extinguido ás 17:10 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36 hectáreas, das cales 0,5 son arboradas e o resto monte raso. Na súa extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →