Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

O Mago Teto co Apalpador no Barco

Por   /  28/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Dentro da programación de Nadal e Reis do Concello do Barco o Mago Teto chega hoxe 28 de decembro ás 20.00 h co Apalpador á Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán

 

Mago Teto

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia malia súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos goza de gran popularidade e recoñecemento.

Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa como “O Afiador”, espectáculos de gran formato para teatros como “A Maxia da Santa Compaña”, “Os anos 80 vistos polo Mago Teto” ou o recente “Íntimo (A viaxe da miña vida)” e outros máis polivalentes como os seus clásicos “Tolemaxias” e “Perto de Ti”.

Tamén conta no seu curriculum con experiencia como coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español.

Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →