Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

O Samaín en O Barco achega unha noite de medo na Biblioteca para os mais pequenos

Por   /  27/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Será o 31 de outubro e haberá tamén un concurso de contos de medo, un obradoiro de cociña e a presentación do libro “Escarlatina, a cociñeira defunta”
entrada-a-la-biblioteca-de-o-barco

Entrada Biblioteca

 

A Biblioteca de O Barco celebra o Samaín. O programa de actividades comenzou hai un par de semanas cun obradoiro titulado “Que Medo dá esta Biblioteca!!”, centrado nos contos de medo, que levou ós  rapaces de 5º e 6º de primaria dos centros escolares de O   Barco a traballar e divertirse con esta temática.

Para os nenos destes mesmos cursos, convocouse un concurso de contos de medo, cun primeiro premio consistente en entradas ao parque de Warner de Madrid. Para resolver o concurso hai un xurado moi especial pois na elección dos gañadores participará Ledicia Costas.

O día 31 de outubro presentarase o libro de Ledicia Costas “Escarlatina, a cociñeira defunta”, cunha sesión de actividades que darán comezo ás catro da tarde, e rematarán ao día seguinte. Así, ás 16:00 horas, coa cooperación de “Miguitas Uhm que ricas” celebrarase un Obradoiro de cociña centrado nas receitas de cociña de Escarlatina, a protagonista do libro. É necesario inscribirse para participar.

Ás 17:30 horas, comezará unha sesión de maquillaxe coas rapazas de Perfumería De la Puente. Unha vez pintados, os nenos e nenas poderán levar como recordo desa tarde unha foto do photomatón que estará preparado na Biblioteca.

Ás 19:00 horas presentaráse o libro “Escarlatina, a cociñeira defunta” coa presenza da súa autora, Ledicia Costas.

Ás 20:00 horas resolveráse o concurso de Contos de Medo.

A partir das 20:30 horas, todos os nenos e nenas poderán participar na Noite de Medo na Biblioteca.

Os participantes poderán continuar cos xogos polas rúas do Barco e nalgúns establecementos hoteleiros (La Maltería, Vinum, Veira Sil, Taberna O Buraco e Pizzería O Barco) onde ofrecerán algún petiscos terrorificamente ricos para os participantes.

De volta á biblioteca, entre contos e risas, os nenos e nenas que estean inscritos poderán pasar a primeira noite de medo na biblioteca.

puerta-de-la-biblioteca-de-o-barco-adornada-con-motivos-de-samain

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →