Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Orzamentos Xunta 2017. “Son necesarios investimentos especificos para o hospital de Valdeorras así como para mellorar a atención primaria e garantila nas poboacións rurais”, Noa Presas (BNG)

Por   /  06/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Noa Presas (BNG): “Os orzamentos da Xunta volven deixar Ourense á cola das prioridades, non atende ás necesidades do avellentamento da poboación nin ten apostas estratéxicas para reverter a emigración”
  • Ourense volve ser a esquecida nestes orzamentos sendo a que menos contía recibe en termos globais
Noa Presas no Barco

Noa Presas no Barco

 

A deputada por Ourense do BNG, Noa Presas, compareceu en rolda de prensa acompañada polo deputado provincial Ramiro Súarez e do responsábel local Xosé Fernández Baltar para valorar o borrador de orzamentos da Xunta de Galiza. O BNG afirmou non compartir a análise da Xunta de que nestes orzamentos se aposta polo reequilibrio territorial, pois en termos absolutos Ourense é a menos orzamentada por moito que por habitante reciba unha contía superior.

“As afirmacións da Xunta son propaganda, seguimos á cola en investimentos e non abordan necesidades básicas para unha poboación tan envellecida como son a dependencia ou a sanidade. A este respecto, o Plan director de Ourense é insuficiente e son necesarios investimentos especificos para os hospitais de Verín e Valdeorras así como para mellorar a atención primaria e garantila nas poboacións rurais” afirmou Presas. “O PP fala de recuperación e saída da crise e, porén, iso non se reflice nin no teito de gasto adoptado nin no borrador de orzamentos” valorou a organización que fixo fincapé en que “a todo isto súmanse as deficiencias e limitacións do actual modelo de financiamento e a necesidade de superalo.”

O BNG recordou que “esquecen sectores estratéxicos. O investimento en investigación é insuficiente e a consellería de Medio Rural, fundamental para a provincia, apenas incrementa recursos e os consignados para incendios e pragas non son suficientes”

A respecto da cidade o BNG avaliou que o groso do orzamentado se corresponde con infraestruturas xa comprometidas de vello e hai carencias coma o saneamento do Barbaña, a aposta polo termalismo ou a creación dunha nova galescola. Recordaron que estarán vixiantes para que o referido ao centro de discapacidade cumpra coas demandas das familias e que cuestións como a área metropolitana non fiquen nun brinde ao sol como no pasado.

“ Os orzamentos non son axustados á realidade do país porque nin actúan para acabar coas desigualdades sociais, nin permitirán favorecer a creación de emprego digno, nin posibilitarán potenciar os sectores produtivos, nin fixar poboación e frear a emigración. Elevar o gasto nun 2,9 % é insuficiente. Galiza precisa unhas contas públicas onde as persoas sexan o primeiro e aposten polo progreso do país.” engadiu Presas, que adiantou que “as emendas do BNG atenderán ás necesidades da poboación e xirarán arredor de garantir os servizos públicos na cidade e no rural, de traballar contra a situación de emerxencia social e apostar por desenvolver e modernizar os nosos sectores produtivos.”

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →