Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Os alumnos do colexio Pablo VI da Rúa celebrarán un Pleno infantil no comenzo da IV Semana Escolar da Provincia

Por   /  16/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Máis de 8.000 alumnos de 47 centros participarán na cuarta edición da “Semana Escolar da Provincia”
  • A Deputación de Ourense promove esta iniciativa co obxectivo de achegar un mellor coñecemento da nosa provincia á comunidade educativa
  • O evento, presentado onte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, dará comezo o 21 de novembro cun Pleno infantil no Pazo Provincial
María Lado, Manuel Baltar e Llerena Perozo

María Lado, Manuel Baltar e Llerena Perozo

 

A cuarta edición da “Semana Escolar da Provincia” que promove o goberno provincial, contará coa participación de 8.417 alumnos e alumnas de 47 centros escolares. Esta iniciativa pretende achegar un mellor coñecemento da nosa provincia á comunidade educativa. A presentación deste evento cultural tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a coordinadora da campaña, Llerena Perozo; e a coautora do libro-manual, María Lado.

O presidente da Deputación de Ourense dixo que esta iniciativa “achega a institución e o patrimonio natural da nosa provincia aos ourensáns máis novos, que durante esta semana escolar poderán coñecer a realidade natural de Ourense”. Asemade, Baltar sinalou que o goberno provincial materializa con esta celebración “a obriga que de que esta institución sexa cada vez máis dos ourensáns e de que os máis cativos saiban que Ourense é unha provincia ambiciosa que ten moitas cousas das que presumir”.

Manuel Baltar salientou a boa acollida que ten esta iniciativa “tendo en conta a receptividade e as valoracións tanto dos alumnos como dos docentes nos catro anos que se ven desenvolvendo esta iniciativa, polo que augurou que esta cuarta edición volverá a ser de novo un éxito”.

Con esta finalidade, a Deputación de Ourense editou o libro-manual titulado “Viaxe ao patrimonio natural da Ourensanía”, un caderno de viaxe no que o personaxe condutor de todos os manuais creados para esta actividade nos últimos catro cursos, Auria, vai percorrendo a provincia e coñecendo os espazos naturais da mesma prestando especial atención aos espazos protexidos, ás augas e á biodiversidade da nosa provincia, así como no valor patrimonial dos mesmos e a importancia cultural que supoñen. María Lado explicou que os textos “teñen a peculiaridade de ser moi amenos e, fará que todo o mundo goce desta lectura que seguro que espertará as ganas na xente de realizar esta viaxe, e coñecer estes sitios que ofrece Ourense”.

Pola súa parte, Llerena Perozo sinalou que cada edición céntrase nunha temática diferente, nesta ocasión “no medio ambiente e no patrimonio natural da provincia”. Asemade destacou que cada vez “son máis os centros que se unen a participar nesta iniciativa, por iso este ano o ampliamos ao curso de 6º de Primaria tendo en conta a gran demanda que existe”. Para a coordinadora da campaña, o éxito desta iniciativa radica en que o alumnado “pode identificar os coñecementos que se lle imparten e relacionalos coa súa realidade máis próxima e, ao mesmo tempo, créase un apego ao territorio e ao lugar onde vives”.

As actividades darán comezo o vindeiro 21 de novembro coa celebración dun Pleno infantil, no que alumnos do colexio Pablo VI da Rúa debaterá sobre unha temática da Semana Escolar. A clausura das actividades será o 25 de novembro, ás 12.00 horas, cando os centros participantes realizarán unha serie de actos relacionados cos traballos que desenvolveron ao longo da semana. Así mesmo, ese mesmo día, ás 20.00 horas, terá lugar no Pazo Provincial a inauguración da exposición pictórica Voces da Ourensanía, do pintor Suso Cubeiro, e ao dia seguinte, a partires das 11.00 horas, terá lugar o tradicional Día de Portas Abertas da Deputación de Ourense.

Colexio Pablo VI da Rúa

Colexio Pablo VI da Rúa

 

Máis de 500 docentes participan nesta Semana Escolar co seu alumnado realizando as actividades propostas no programa. Para elo, contarán cunha Guía do profesorado na que se establecen as pautas para utilizar o libro-manual, que xa recibiron todos os alumnos e profesores.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →