Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Os concellos de menos de 50.000 habitantes terán un Fondo de Cooperación para rehabilitar unhas 1.500 vivendas

Por   /  17/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta porá a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un Fondo de Cooperación para rehabilitar unhas 1.500 vivendas
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentoulle onte esta iniciativa ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, que lla trasladará ás Administracións locais correspondentes
  • Vázquez Mourelle indica que este fondo para a rexeneración urbana do patrimonio construído permitiralles aos municipios recuperar edificios emblemáticos ou realizar intervencións en materia de rehabilitación
  • Sinala que en canto estean operativos os orzamentos de 2017 procederase á publicación da convocatoria na que se fixarán as condicións para o acceso a esta liña de financiamento e se abrirá o prazo para a presentación de solicitudes
  • Subliña que o obxectivo é facilitar o financiamento e fomentar a participación dos municipios na conservación do patrimonio, evitando o seu deterioro e proporcionando maior vitalidade ao rural e a barrios históricos
  • Destaca a importancia da colaboración da Fegamp, que trasladará esta medida aos concellos de menos de 50.000 habitantes, á hora de seguir sumando esforzos para dar resposta ás necesidades de vivenda dos cidadáns

 

image_gallery-8

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, mantivo onte unha reunión de traballo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, na que lle presentou o Fondo de Cooperación, dotado con 10 millóns de euros, a través do que os concellos galegos de menos de 50.000 habitantes poderán acceder a préstamos a interese cero para rehabilitar unhas 1.500 vivendas en Galicia.

Trátase dun fondo para actuacións de conservación e rexeneración urbana do patrimonio construído, que lles permitirá aos municipios actuar e recuperar edificacións emblemáticas dos seus cascos históricos ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación.

A conselleira indicou que en canto estean operativos os orzamentos de 2017 procederase á publicación da convocatoria na que se fixarán as condicións e os criterios para o acceso a esta liña de financiamento e se abrirá o prazo para a presentación de solicitudes por parte dos concellos interesados.

Posteriormente, será preciso asinar os convenios de financiamento con cada un dos municipios, nos que se farán constar as actuacións a desenvolver, a contía da que van dispoñer, o prazo e as condicións de reintegro da cantidade percibida. Polo tanto, nestes convenios os concellos comprométense a incluír nos orzamentos de exercicios seguintes o reintegro destes fondos, que serán transferidos de novo á Xunta a interese cero.

O obxectivo desta medida é facilitar o financiamento e fomentar a participación das administracións locais na conservación e revitalización do patrimonio edificado, evitando o deterioro dos inmobles e proporcionando maior vitalidade ao rural e a barrios históricos, co que isto supón de mellora na calidade de vida dos veciños.

Con este mecanismo a Xunta pretende incentivar e implicar aos concellos na recuperación e posta en valor de zonas emblemáticas das vilas para o seu uso e desfrute por parte dos veciños.

A titular de Vivenda salientou a importancia de contar coa implicación da Fegamp, que se ten comprometido a trasladarlla a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes. Así, ratifícase unha nova aposta, entre Xunta e Fegamp, por seguir sumando esforzos para conservar e protexer o noso patrimonio arquitectónico, ao tempo que contribuímos a dar resposta ás necesidades de vivenda dos cidadáns.

Ethel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →