Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Os ‘Masters of Wine’ visitan Valdeorras

Por   /  19/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Membros do instituto Masters of Wine visitan Valdeorras
  • A organización, que representa a máxima excelencia na educación do viño, promove a máis alta profesionalidade na industria vinícola

masters1Representantes do instituto Masters of Wine, de ruta estes días por diferentes territorios vinícolas amparados de Galicia, visitaron hoxe as instalacións e dúas bodegas da D.O. Valdeorras. Esta organización, que aglutina a máis de 280 profesionais, representa a máxima excelencia na educación do viño e promove a profesionalidade do sector.

Na sede da D.O., os membros do colectivo foron recibido polo presidente do Consello Regulador, Francisco García, e puideron desfrutar dunha cata de varias mostras de brancos e tintos da zona. Ao longo da xornada, os Masters of Wine puideron coñecer tamén as instalacións das bodegas ValdeSil e Rafael Palacios.

O presidente da D.O. puxo en valor o traballo dos representantes desta entidade de cara a “favorecer a promoción das rexións vinícolas que visitan e a difusión dos seus produtos” e confía en que poidan “reportar detalladamente as singularidades dos viños da comarca para que sexan coñecidas por diferentes públicos obxectivo”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →