Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense, máis de 560 prazas para a atención de persoas con discapacidade, incluíndo os centros concertados de Vilamartín e O Barco de Valdeorras

Por   /  20/02/2016 

    Imprimir       Email
  • Na provincia de Ourense ofértanse máis de 560 prazas para a atención de persoas con discapacidade, das que 30 están vacantes
  • A Consellería de Política Social ten concertadas estas prazas públicas en 12 centros especializados da provincia
Exteriores en Vilamartín de Valdeorras

Exteriores en Vilamartín de Valdeorras

Na provincia de Ourense as persoas con discapacidade maiores de 21 anos que rematan a súa etapa de escolarización nos centros de educación especial poden continuar a recibir a atención necesaria para mellorar a súa calidade de vida nos 12 centros especializados que a Consellería de Política Social ten concertados.

En total, este departamento autonómico ten concertadas un total de 566 prazas públicas de atención a diferentes colectivos con discapacidade, das que 338 son de atención residencial e 228 de atención diúrna. Os centros concertados emprázanse nas localidades de Amoeiro, Allariz, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ourense, Paderne de Allariz, A Peroxa, Pereiro de Aguiar, Verín, Vilamartín de Valdeorras e Xinzo de Limia.

Na actualidade, hai 30 prazas vacantes repartidas pola provincia, prazas ás que se pode acceder a través do Sistema de Dependencia, previo recoñecemento da condición de persoa dependente.

O resto das provincias galegas para atender a este colectivo contan con centros de titularidade pública que no seu día foron traspasados do Imserso. En Ourense, ao non existir esta posibilidade, o Goberno galego presta o servizo recorrendo ao concerto de prazas en centros especializados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →