Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Para Riada Cidadá ‘non é o momento de abstenerse’

Por   /  13/05/2015 

    Imprimir       Email

Abstencion  

Para Riada Cidadá ‘non é o momento de abstenerse’.

De feito declaran ‘que a xente exerza o seu dereito constitucional a non votar é democraticamente lexítimo, ata que a intención sexa unha actitude pasiva de protesta fronte ás políticas ou ós políticos’.

Pero pregúntanse a quén beneficia a abstención. Consideran que ‘precisamente a quen lle resulta conveniente é a eses políticos que desestiman ó pobo e prefiren que sexan uns poucos os que tomen as decisións’.

O partido indica que non votar é darlle unha oportunidade de ouro para seguir gobernando ós que non queren que se coñezan as contas do concello, ós que non nos queren deixar participar, ós que reducen as posibilidades de exercer a democracia ó mínimo, ós que privatizan servizos lastrando os orzamentos do concello.

Lanzan un chamamento á cidadanía porque agora queren ser unha forza que ven a gañar o concello para a xente e para a cal a participación é a súa razón de ser.

‘Como dicimos no noso programa, Riada Cidadá non é un partido político, é unha chamada a participación’.

Pensan que a democracia non se limita a votar cada catro anos, pero ese é o único espazo de decisión que nos deixan ata o de ágora. Creen no poder transformador da xente traballando en común por cambiar as cousas, pero non cambiará nada se ti non o fas cambiar.

Inciden en que non é o momento de abstenerse e piden ós veciños que lles den a forza para que facerse fortes xuntos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →