Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Podemos cos veciños de San Vicente

Por   /  17/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Veciños de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras) reuníronse o 15 de maio para falar e buscar solucións
Foto panorámica asemblea

Foto panorámica asemblea

Podemos

É un problema que afecta gravemente ás súas vidas dende hai xa 23 anos. Os habitantes deste pobo non poden chegar as súas casas sen xogarse a vida, xa que a estrada de acceso istá cortada.

Si se pode, pero as autoridades locais, provinciais e autonómicas non queren. A pesar de informes xeolóxicos, notificacións da Garda Civil e mesmo da propia Deputación de Ourense, que dan a razón aos veciños, as obras que deben poñer remedio á súa situación nunca chegan.

Iste é un extracto do informe realizado por la Deputación de Ourense: “A estrada provincial OU-0807 Vilarmartín-San Vicente é un ben demanial da Deputación que ten como fin dar un servizo de vía de comunicación, polo que non pode ser anulado e/ou destruído nin o seu valor nin a función para a que foi concebido.”

Podemos A Rúa e Podemos Valdeorras apoiamos e axudamos aos veciños nesta loita.

Máis en imaxes:

Foto 01

Destrozo 03

Destrozo 02

Destrozo 01

Cartaz 01

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →