Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Podemos Valdeorras: ‘Si o Concello do Barco asume o 20% da ampliación da EDAR, que asuma tamén a súa xestión’

Por   /  13/06/2015 

    Imprimir       Email

Alzados_de_la_nueva_obra_de_llegada_y_pozos_de_colectores_de_O_Barco_y_A_Pobra

 

Podemos Valdeorras: ‘Si o Concello do Barco asume o 20% da ampliación da EDAR, que asuma tamén a súa xestión’

Para a formación, durante a campaña electoral, o actual alcalde do Barco, Alfredo García, intentou pasar “de puntillas” sobre os múltiples problemas que carrexa ó Concello a privatización da xestión do auga e as augas residuais. O edil socialista insiste en que Augas de Galicia comprometeuse a asumir o 10% da ampliación da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais), que está financiada nun 80% por fondos europeos (FEDER). Con todo, na páxina oficial do Ministerio de Medio Ambiente só figura o Concello como responsable dese financiamento. Semella que ó final terá que ser o Concello quen deba asumir o 20% da obra, é dicir, 295.000 euros.

EDAR O Barco

 

Indican que a Alfredo García tampouco lle interesa afondar no volume das sancións que regularmente recibe o concello do Barco pola penosa xestión privada deste servizo, que se despreocupa dos puntos de vertido non autorizados. De feito, o Concello incluíu nos orzamentos de 2015 unha partida para instalar un novo punto de bombeo na rúa Hernán Cortés, cun grupo de 15 vivendas cuxo vertido de augas fecales non está controlado.

Solera_y_encofrados_del_nuevo_pretratamiento

 

Neste mesmo ano 2015, PODEMOS levou a cabo unha campaña pedindo a remunicipalización deste servizo, na que 1.800 veciñas e veciños estamparon a súa firma.

Apuntan dende Podemos valdeorras que no entanto, Alfredo García non escoita a voz da cidadanía e limítase a botar a culpa de todo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, pero en ningún momento suscítase que a xestión destas augas residuales e do auga volva ser gestionada polo Concello.

Si o Concello debe asumir os custos da ampliación, tamén debe asumir a súa xestión.
Alzados_del_nuevo_pretratamiento_2
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →