Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Presentación da candidatura do PP da Rúa o vindeiro venres

Por   /  21/04/2015 

    Imprimir       Email
Reunión.xuradoXII.Premio.Pura.e.Dora.Vázquez.de.narracionPresentación da candidatura do PP da Rúa o vindeiro venres, 24 de abril, a partir das 20 horas.
Terá lugar no Centro Cultural Avenida a presentación da candidatura do Partido Popular da Rúa para as eleccións municipais de maio de 2015. Será un evento aberto a tódolos veciños do Concello.
No acto participarán tódolos membros da lista electoral do PP rués encabezados polo candidato á alcaldía, Avelino García Ferradal, ademais do presidente do PP en Ourense (e presidente da Deputación Provincial), José Manuel Baltar Blanco.
Nos próximos días tamén celebrarase unha cea de confraternización para os afiliados e simpatizantes do PP da Rúa, así como pra tódolos veciños que queiran coñecer os aspectos fundamentales do seu proxecto de futuro para o municipio.
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →