Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Preto de 9.000 alumnos de primaria participan na “2ª Semana Escolar da Árbore e da Auga”

Por   /  17/03/2016 

    Imprimir       Email
  • 86 centros de Primaria participan na “2ª Semana Escolar da Árbore e da Auga”, que organiza a Deputación de Ourense
  • Manuel Baltar destacou a gran acollida desta actividade “na que están inscritos 8.907 alumnos e alumnas”
  • Para conmemorar esta data, a Deputación de Ourense editou o libro-manual Dona Pinga e don Carballo fan amizade dirixido a estudantes de Primaria

0 0 MB e Perozo na 2 Semana Escolar Rbore e Auga

 

A Deputación de Ourense organiza a segunda “Semana Escolar da Árbore e da Auga” para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga que teñen lugar os días 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación ven de editar o libro-manual Dona Pinga e don Carballo fan amizade, dirixido a estudantes de Primaria, do que é autor Xosé Antonio Perozo. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, coa participación do autor e do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Manuel Baltar destacou a gran acollida desta actividade “coa inscrición de 8.907 alumnos e alumnas e o seu profesorado, quen participarán nesta segunda “Semana Escola da Árbore e da Auga” en toda a provincia de Ourense. Esta actividade ten moito que ver co afán do goberno provincial pola divulgación da preservación do noso medio ambiente entre os máis novos, os ourensáns do futuro, e directamente vencellado á concienciación medioambiental”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense.

Na actividade van participar 86 centros de Educación Primaria da provincia de Ourense, nos que 740 docentes realizarán actividades co seu alumnado. Asemade editouse unha Guía do Profesorado “para que os docentes durante esta semana traten estes temas sobre a concienciación medioambiental”, destacou Manuel Baltar. A guía recolle propostas de actividades e pautas para utilizar os libros, que recibirán todos os alumnos inscritos e os seus profesores ata o vindeiro 18 de marzo.

O libro-manual que a Deputación de Ourense editou, Dona Pinga e don Carballo fan amizade, trata dunha historia de ficción na que os protagonistas son unha pinga, unha landra e un carballo. No texto descríbese un percorrido polos ciclos da auga e das árbores, facendo fincapé no ciclo da vida, nos espazos naturais, nas augas e na biodiversidade da nosa provincia. “O que pretendemos con esta historia é que os rapaces lean o libro como entretemento e non como unha actividade puramente didáctica, e que a partir de aí, o profesorado, coas pautas que se lles dá na guía, vaia realizando actividades ao redor da historia que lle contamos”, dixo Xosé Antonio Perozo.

As actividades conmemorativas desta efemérides medioambiental rematarán o vindeiro 18 de marzo, ás 12.00 horas. Ese día os alumnos dos centros escolares participantes de toda a provincia de Ourense plantarán un carballo e poñeranlle un nome, rematando a celebración coa interpretación do Himno Oficial da Provincia de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →