Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Petín  >  Artículo Actual

Publicado o decreto de expropiacións para a mellora da estabilidade dun noiro en Petín

Por   /  12/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O DOG publicou onte o decreto de expropiacións para a mellora da estabilidade dun noiro da OU-533, no concello de Petín
  • As obras, que comezaron o mes pasado e teñen un prazo duns dous meses, foron adxudicadas á empresa Explotaciones Medioambientales por un investimento de case 150.000 euros
  • O tramo obxecto da actuación é o comprendido entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295 da vía, entre A Gudiña e A Rúa, nas proximidades da intersección coa estrada autonómica OU-636
  • A estrutura de contención será executada no dominio público da estrada, pero o terreo dispoñible non é suficiente para dotar ao noiro da pendente axeitada e evitar deslizamentos, o que fai necesario expropiar 3.000 m2 da parcela colindante

 

logo_DOGA Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a necesidade da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, declaradas de emerxencia, para a actuación fronte ao corremento de terra na estrada OU-533, entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295, no Concello de Petín. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar este decreto: goo.gl/jFpwMH

As obras, que teñen un prazo de execución de dous meses, foron adxudicadas á empresa Explotaciones Medioambientales por un investimento de case 150.000 euros. Estas actuacións comezaron o mes pasado e desenvólvense segundo o previsto.

Cómpre lembrar que o pasado mes de marzo de 2016 produciuse un deslizamento do noiro, o que supuxo que, na actualidade, presente unhas características que poden xerar situacións de risco potencialmente perigosas para a seguridade viaria.

A estrutura de contención será executada na zona de dominio público da estrada, sen embargo, o terreo dispoñible non é suficiente para dotar ao noiro da pendente axeitada para evitar probables deslizamentos, o que fai necesario expropiar preto de 3.000 m2 da parcela colindante á estrada autonómica.

0u533petin

 

Características da actuación

As obras, que foron declaradas de emerxencia pola Xunta de Galicia, consisten na construción dun muro de escollera para contención do material e que servirá coma protección da estrada e no retaluzado do noiro, dándolle unha pendente inferior á actual para evitar novos corrementos. Este elemento terá de tres metros de altura media e 80 m de lonxitude, tras o que se procederá ao recheo do trasdós con material filtrante envolto nun xeotextil.

Está previsto retaluzar o noiro, dándolle unha menor pendente ca actuar para mellorar a súa estabilidade. Así mesmo, para conseguir unha mellor evacuación das augas pluviais, colocarase un tubo dren e executarase unha cuneta na coroación do muro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →