Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

‘Que é un rei para ti?’ , premiados alumnos do ‘Julio Gurriarán’ do Barco e do ‘Bibei’ de Viana

Por   /  04/06/2016 

    Imprimir       Email
  • O MUPEGA acolleu a entrega dos premios da fase autonómica da XXXV edición do concurso nacional ‘Que é un rei para ti?’ a 40 alumnos de 20 centros de ensino de toda a comunidade
  • O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, participou na entrega de galardóns, un acto no que se deu a coñecer o nome do gañador autonómico, que representará a Galicia na audiencia co Rei

 

Imagen-Concurso-escolarO director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, representou onte á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na entrega de premios da fase autonómica da XXXV edición do Concurso Nacional ‘Que é un rei para ti?’ organizado pola Fundación Institucional Española (FIES) e dirixido a escolares Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria ou de 1º e 2º da ESO.

Durante a súa intervención o director xeral felicitou a todos os participantes pola calidade dos seus traballos, así como a docentes e familias pola axuda prestada aos rapaces. Así mesmo, salientou a importancia de experiencias coma esta para animar aos máis novos a estudar unha materia, investigar sobre ela, crear e desenvolver ideas, o que sinalou como “unha das mellores formas de aprender”. “Estou convencido de que tanto vós, premiados, como os vosos compañeiros e compañeiras que participaron no concurso, non ides esquecer nunca o que aprendestes ao preparar as vosas propostas sobre a figura de Felipe VI, o noso rei”, dixo.

No acto, celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), fíxose entrega dos premios aos alumnos galardoados na fase autonómica galega e deuse a coñecer o nome do gañador do concurso por Galicia, Daniel Bermúdez Álvarez, do IES Vilar Ponte (Viveiro), que representará á Comunidade Autónoma na audiencia co Rei.

Ademais de Daniel Bermúdez, recolleron hoxe os premios outros 39 alumnas e alumnos dun total de 20 centros educativos, concretamente dos CEIP Bibei (Viana do Bolo), San Miguel de Reinante (Barreiros), Francisco Vales Villamarín (Betanzos), de Casás (Lugo), Julio Gurriarán Canalejas (O Barco de Valdeorras), A Ponte (Ourense); do Centro de Educación Especial Infante Elena (Monforte de Lemos); dos IES Vilar Ponte (Viveiro) e Ánxel Fole (Lugo); e dos Colexios Plurilingües Divina Pastora (Ourense), Niño Jesús de Praga (Vigo), Mariano (Vigo), La Merced (Sarria), María Inmaculada (Vigo), Hermanos Quiroga Rodríguez (O Porriño), Manuel Rial Mouzo (Cee), Liceo La Paz (A Coruña), Mercantil (Vigo), Calasanz-Padres Escolapios (A Coruña), e Las Acacias (Vigo).

Un certame creativo
O concurso premia a aqueles nenos e nenas que atopan un xeito creativo de mostrar unha figura institucional como é o Rei, amosando a visión persoal dos rapaces marcada pola súa curta idade. Os traballos puideron ser presentados en calquera formato: presentacións multimedia, vídeo, audio, traballos manuais, artesanais… No caso dos traballos manuais, debían ir acompañados por un breve escrito que explicara o seu contido.

Como en cada edición, o FIES organizará un acto no que se exporán os 21 traballos gañadores e ao que acudirán os alumnos acompañados polos seus profesores e familiares e no que terá lugar unha entrega de diplomas, figuras e agasallos.

A fundación
A Fundación Institucional Española (FIES) é unha entidade cultural privada creada no ano 1976 co fin de fomentar e estimular o estudo da Monarquía como institución, fomentar o coñecemento e o respecto as persoas que a encarnan, divulgar os beneficios da Monarquía e facer promocións das iniciativas que promovan a divulgación e formación da sociedade nos valores de convivencia e solidariedade, como reflexo da liberdade e pluralidade propugnada pola Coroa na España actual.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →