Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Reunión AEVA, En Marea e Riada Ciudadá para seguir traballando polo desenvolvemento da Comarca

Por   /  19/09/2016 

    Imprimir       Email
  • A semana pasada se reuniron na sede de AEVA os candidatos de En Marea Davide de Manzaneda e Eva Gutiérrez, número dous e tres da lista por Ourense, co Presidente Javier Rodríguez Paradelo e a Xerente Luisa López Cruz da asociación Empresarial
  • Ao encontro tamén asistiron Félix García concelleiro de Riada Cidadá do Concello de O Barco e outros membros da candidatura municipalista que propiciaron a xuntanza

 

aeva_riada_enmarea

A xuntanza serviu para poñer de manifesto as reivindicacións empresariais que afectan á comarca: transporte, infraestructuras, chan industrial, acceso a internet, lentitude dos permisos administrativos para a apertura de empresas, turismo rural…

En Marea recolleu as inquedanzas de AEVA e expuxo algunhas das propostas socio económicas que recolle o seu programa.

As tres organizacións coincidiron, dende o seu ámbito de actuación, en seguir traballando polo desenvolvemento da Comarca.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →