Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Reunión en pro da acreditación da Entidade Nacional de Certificación

Por   /  08/06/2016 

    Imprimir       Email
  • Novo pulo do sector á obtención da acreditación da Entidade Nacional de Certificación (ENAC)
  • Representantes do sector bodegueiro, sindical e do ámbito das cooperativas reuníronse onte na sede do Consello Regulador

descarga (1)Un total de dez representantes do sector do viño da comarca de Valdeorras (do ámbito bodegueiro, do sindical e do das cooperativas) mantiveron onte unha xuntanza nas instalacións do Consello Regulador con asesores encargados de intermediar coa Entidade Nacional de Certificación (ENAC). Nesta reunión, moderada por Francisco García, acordouse dar un novo pulo para que Valdeorras poida obter, nun prazo breve de tempo, a acreditación ENAC, segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, para a certificación dos seus viños.

Os membros dos sectores participantes na xuntanza comprometéronse a impulsar os cambios necesario para axustarse aos parámetros marcados por ENAC, coa finalidade de que se poida obter a acreditación. Para isto, cada subsector formulará as apreciacións ou alegacións que considere convintes ao informe de ENAC.

 

Sobre ENAC

ENAC é una organización declarada de utilidade pública, independente e sen ánimo de lucro, auspiciada e tutelada pola Administración, que desenvolve a súa misión cunha clara vocación de servizo público, garantindo que todas as súas actuacións se basean en principios de imparcialidade, independencia e transparencia.

A súa misión é avalar a competencia técnica dos organismos de avaliación da conformidade -laboratorios, entidades de inspección, de certificación, verificadores- para xerar así confianza das súas actividades á Administración, ao mercado e a sociedade en xeral. Desta forma consegue que os seus servizos estean recoñecidos e aceptados nacional e internacionalmente, contribuíndo así ao aumento da competitividade dos produtos e servizos españois.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →