Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Riada Cidadá advirte que en ‘Santigoso xa non se vota’

Por   /  14/05/2015 

    Imprimir       Email

Santigoso

 

Riada Cidadá advirte que en ‘Santigoso xa non se vota’.

Riada Cidadá continúa escoitando os problemas e preocupacións dos cidadáns de todo o Concello. Hoxe mesmo chegoulles a queixa de numerosas veciñas e veciños de Santigoso,que ata agora tiñan o seu propio local de votación. Con todo, o próximo 24 de maio todos os censados nesta localidade terán que desprazarse ata Viloira se queren exercer o seu dereito ao voto.

Moitos deles xa mostraron a súa disconformidade con esta decisión e algúns aseguran que non acudirán a Viloira a votar. Dende Riada Cidadá preguntan a que se debe este recorte e si o Concello do Barco ten a intención de recorrer ao carretaxe para que os cidadáns poidan depositar o seu voto na urna.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →