Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Riada Cidadá: “O alcalde do Barco mantén o seu soldo e sóbello á súa ‘persoa de confianza'”

Por   /  27/06/2015 

    Imprimir       Email

Praza do concello

 

Durante o Pleno Extraordinario do 25 de xuño, o alcalde Alfredo García, en nome do grupo do PSOE, fixo unha proposta de conxunto que representa uns gastos anuais de 155.709 euros, o que supón un incremento do 13,6% con respecto a partida dedicada no ano 2014. Basicamente mantén todas as retribucións, excepto as medias dedicacións exclusivas, que pasan das tres anteriores as catro actuais. Tamén no tocante ao persoal de libre designación (unha traballadora), lle modifica a categoría, o que supón un incremento no seu salario anual de aproximadamente uns 4.383 euros.

Durante a discusión deste punto, Riada Cidadá tamén fixo a súa proposta. Partía da necesidade de manter durante toda a lexislatura uns bos servizos aos veciños, e da intención de ser comedidos coa xestión do diñeiro aportado por todos os barquenses para, ante a situación de creses social que estamos a padecer dende o ano 2008, responder as demandas sociais da cidadanía. Por iso Riada propuxo un gran aforro nesta partida: 112.738 euros con respecto ao gasto previsto polo grupo do PSOE.

Riada Cidadá cre que os únicos pagos que se deberían contemplar son os da dedicación exclusiva do alcalde, cun tope de 30.000 euros anuais (non pode ser que o alcalde de O Barco teña un salario equiparable aos concellos de A Coruña, Madrid, Barcelona o Compostela); tamén a media dedicación exclusiva para o concelleiro de Obras, cun tope de 8.000 euros anuais; e as subvencións para os grupos do pleno, que se mantería na mesma cantidade do ano anterior. En total 42.974 euros anuais.

O resto do gasto que ocasionan as tres medias dedicacións, a asistencia aos órganos colexiados e o contrato da libre designación, Riada Cidadá os considera prescindibles e propuxo que o aforro agregarase ás partidas do orzamento municipal da asistencia social, que podería ser dedicado a socorrer aos sectores veciñais máis desfavorecidos: nenos e maiores en situación de marxinación, parados sen prestación, apoio aos desafiuzamentados, etcétera. Mais a emenda de Riada Cidadá rexeitouse non sen antes entrar nun debate no que propuxemos que o posto de libre designación e de confianza do alcalde (parece que imprescindible) fose desempeñado por funcionarios ou persoal laborais de plantilla.

Finalmente, pola maioría do grupo socialista, aprobouse a proposta do alcalde de pagos ao persoal político que supón uns gastos anuais de, cando menos, 155.000 euros brutos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →