Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Riada Cidadá reivindica a construcción da A-76 e califica de “obsoleta” a N-120

Por   /  02/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Este grupo municipal de O Barco considera prioritaria a nova autovía para o desenvolvemento económico da comarca de Valdeorras
N-120

N-120

 

Riada Cidadá, grupo municipal da Corporación de O Barco de Valdeorras que lidera Félix García Yáñez , reivindica a construcción inmediata da autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) para artellar as comunicación por estrada da zona central de Galicia.

Argumenta que é unha prioridade pois “a nosa comarca, Valdeorras, como as estremeiras do macizo central ourensá, así como as luguesas de Quiroga e Lemos, son deficitarias en infraestructuras, algo que frea o desenvolvemento e propicia o declive demográfico”.

Ademais, sinala Riada Cidadá que a actual N-120 non cumpre con esa tarefa pois “é unha estrada obsoleta para os estándares actuais de tráfico de viaxeiros e mercadorías. Foi diseñada nos anos 60 do pasado século e rematada na década seguinte e rexistra un alto índice de mortalidade por accidentes”.

Riada, engade, que a N-120 está limitada a  80 kilómetros en moitos tramos debido a que “atravesa poboacións e dispón de dous carrís, tres nos escasos lugares que a orografía o permite e con tramos de liña continua de 20 kilómetros”.

Recorda que a circulación media diaria da estrada N-120 medida polo Ministerio de Fomento superaba os 5.000 vehículos no ano 2005 (últimos datos coñecidos).

Riada Cidadá expón que a construcción da A-76 é longamente ansiada por amplios sectores sociais da zona. De feito, lembra que hai constituida unha plataforma dende hai 10 anos, integrada por entidades, colectivos e concellos,  moitos de O Bierzo, que a reclama.

“Dende Riada defendemos que o trazado da futura autovía sexa consensuado entre os axentes e colectivos sociais afectados para que cause o menor dano no medio ambiente e no patrimonio cultural das comarcas polas que debe discorrer porque necesitamos  perentoriamente acercarnos á meseta e ao resto de Galicia”, engade.

Tamén apunta que a A-76 é fundamental para o desenvolvemento económico: “Non queremos converternos nun reduto a visitar  e que a falla de infraestructuras leve a a Valdeorras a un proceso de declive industrial. Actualmente, aportamos o 40 por cento do Produto Interior Bruto provincial e a precariedade das comunicación frea o noso potencial económico”.

Finalmente, Riada Cidadá conclúe que “estamos a perder poboación e a perder a radicación de empresas que desprazan as súas instalación ao Bierzo, na provincia de León, porque está mellor comunicada que nós”.

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →