Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Sergas: ‘ A poboación infantil da Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana descendeu un 22%’

Por   /  09/11/2016 

    Imprimir       Email
  • En conxunto a poboación infantil da Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana descendeu un 22% nos últimos oito anos, cun 27% menos de menores de 3 anos en tódolos concellos atendidos, diminuíndo un 32% en Viana do Bolo
  • A poboación infantil atendida no Centro de Saúde de Viana do Bolo diminuíu nun 20% nos últimos oito anos

 

 

SERGASO Centro de Saúde de Viana do Bolo conta cunha xornada de consulta semanal de pediatría, servizo que se ven prestando pola Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana, formada por un médico e unha enfermeira que pasan consulta en ambos concellos, con cobertura comarcal.

A Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana atende a un total de 717 nenos, deles 211 en Viana (incluíndo á dos concellos de A Veiga e Vilariño de Conso) e 505 en A Rúa (incluíndo aos de Larouco, O Bolo, Petín e Vilamartín de Valdeorras).

Seguindo a tendencia, que se rexistra tanto a nivel provincial como autonómico, a poboación infantil atendida por esta Unidade de Pediatría diminuíu nun 22% nos últimos oito anos, pasando de 927 rapaces menores de 15 anos, en 2008, a 717 en xuño deste ano.

Maior diminución de poboación infantil en Viana

Esta redución é especialmente significativa entre os menores de 3 anos, onde o descenso da poboación infantil atendida pola Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana chega ata o 27%, pasando de 184 a 133 nenos, e do 32% en Viana do Bolo, centro no que pasou de atender a 56 nenos en 2008 aos 38 de hoxe, marcando unha tendenza descendente para os vindeiros anos

Ao igual que cos menores de tres anos, esta tendencia decrecente, mantense no conxunto da poboación infantil atendida na consulta de Viana, xa que se pasou de atender, en 2008, a 264 nenos de Viana, A Veiga e Vilariño aos 211 de hoxe, o que representa 20% menos, 211.

Dacordo cos rexistros de actividade e cupos de poboación infantil atendida, tanto o cadro de persoal como a ratio de nenos por pediatra, da Unidade de Pediatría de A Rúa-Viana é mais que óptima, e conta cunha coordinación directa e fluída cos equipos asistenciais de ambos centros.

Pese a elo, e ante as propostas de parte da poboación, a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense amósase disposta a reavaliar o conxunto da actividade asistencial e demanda desta unidade, estudando novas formulas asistenciais por si estivese indicado aumentar as horas de consulta, sete na actualidade, unha vez que, xa en 2006, se reducisen as nove horas de consulta asignadas entón a esta consulta en Viana do Bolo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Xunta Directiva da Federación Anaral

Premiada a Federación ANARAL polo seu proxecto “Servizo Integral de Apoio ás Persoas Maiores do Rural”

Leer mas →