Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

‘Trevinca-A Veiga Day’, as nosas estrelas viaxan a Nova York

Por   /  06/06/2016 

    Imprimir       Email
  • O DESTINO TURÍSTICO STARLIGHT  “TREVINCA” COMEZA A SÚA PROMOCIÓN INTERNACIONAL
  • TREVINCA ESTARÁ PRESENTE NO GALICIAN CINEMA& FOOD FESTIVAL 2016 NA CIDADE DE NOVA YORK DO 20 AO 23 DE XUÑO
  • GC&FF É O MAIOR ACTO DE PROMOCIÓN DE GALICIA NOS ESTADOS UNIDOS, RECOÑECIDO ASÍ POLA OFICINA DE TURISMO EN USA
  • TREVINCA- A VEIGA PARTICIPARÁ NA MÁXIMA CATEGORÍA DE PATROCINIO CA QUE CONTA O GC&FF “SPONSOR DUN DÍA”
  • TERÁ O 20 DE XUÑO O “TREVINCA-A VEIGA DAY” STARLIGHT DESTINY
Zona Sagitarius dende As Tablillas ( Trevinca )

Zona Sagitarius dende As Tablillas ( Trevinca )

 

A GC & FF é o maior evento de promoción de Galicia este año nos Estados Unidos. As mellores películas , a gastronomía e os destinos de Galicia todos xuntos por primeira vez en Nova York, no Instituto Cervantes.

Durante cinco días numerosos ponentes destacados na materia, catedráticos e profesionais especializados, achegarán coñecementos sobre a emerxencia do turismo na natureza en Galicia, espazos naturais protexidos, ecoagroturismo, turismo activo, sendeirismo e novas tecnoloxías, etc. Baixo o lema de “Trevinca-A Veiga Day. A Nosa Estrela “A Astronomía”, o 20 de xuño o CG&FF anuncia unha nova sección no programa de 2016.

O impresionante ceo de Trevinca, Destino Turístico Starlight reforzado pola presenza de Óscar Blanco, astrofotógrafo, será un dos referentes e principais novidades do Festival. Trevinca,a zona máis elevada en Galicia cos mellores e máis estrelados ceospara observar, debido á baixa contaminación lumínica.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →