Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

Trinta monitores para un ceo Starlight

Por   /  26/09/2015 

    Imprimir       Email

De cara a enfocar a recente certificación de Trevinca como Destino Turístico Starlight, como unha posible saída laboral para persoas desempregadas ou ben como un complemento á actividade principal, o Concello da Veiga organiza xunto coa Fundación Starlight o I Curso de Monitores Starlight Trevinca. Dirixido principalmente a profesionais relacionados co turismo, ocio e tempo de lecer, establecementos hoteleiros, astrónomos afeccionados, o calquera interesado en xeral.

Un total de 30 persoas participarán no curso, tocando diversos temas como a historia da astronomía, o astroturismo, a orixe do universo e cosmoloxía, o sistema solar, etc. Temarioimpartido por catropoñentesespecializados na materia. Os participantes obterán a seguinte formación: Monitor Astronómico Starlight, diploma expedido por la Fundación Starlight.

Autoría: Oscar Blanco

Autoría: Oscar Blanco

O custo do curso de formación ascende a 600,00€ para o público en xeral. Co fin de favorecer a prestación dun servizo de calidade e especializado, para os titulares dos establecementos hoteleiros e de restauración do Concello da Veiga ten carácter gratuíto.

A duración é de seis días en horario de mañá e tarde, na Biblioteca e Centro TIC da Veiga. Dará comezo o luns 28 de setembro, ás 10:00h e rematará o sábado, 03 de outubroás 12:00h.

Lugar impartición Teoría:Biblioteca y Centro TIC. A Veiga (Ourense) Lugar impartición Práctica:Zona Certificada por la Fundación Starlight.

A benvida aos participantes e recepción por parte do Alcalde do Concello da Veiga, D. Juan Anta Rodríguez, será oluns 28 de setembro, ás 13:30h.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →