Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Un documental relata “a heroica construción” dos encoros do río Sil

Por   /  23/07/2015 

    Imprimir       Email

Presentación.documental.Desafio.do.sil

 

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil acolleu onte a presentación da longametraxe documental “Desafío do Sil”, no que colabora a Deputación de Ourense. O acto contou coa participación do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; o director do documental, Domingo Díaz; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín. O proxecto, baseado no libro “A construción dos Saltos do Sil, 1945-1965” de Susana Chávarri, está subvencionado por Agadic e conta ademais con apoio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, do Concello de Petín e de Iberdrola.

A historia do filme dátase no ano 1945, cando chega á cunca do río Sil un grupo de xóvenes enxeñeiros co obxectivo de proxectar e construír os saltos hidráulicos, para os que a empresa Saltos del Sil tiña concesións. Os traballos foron moi complicados pola escaseza de medios cos que contaron, e tamén polas dificultades de acceso ás comarcas nas que traballaban.

Dun xeito case heroico este equipo logrou construír presas que polo seu deseño foron pioneiras en Europa e consolidar unha empresa referente polos seus logros industriais e sociais. A construción destas presas supuxo un cambio radical para os habitantes das comarcas nas que estaban situadas, modificando totalmente a sociedade rural, case autárquica, ao introducir a produción industrial, o salario fixo e os beneficios sociais.

No acto de hoxe proxectáronse imaxes do documental do ano 1964 “Por la cuenca del Sil”, dirixido por López Heptener.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →