Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Un novo paso do Xeodestino Manzaneda-Trevinca

Por   /  06/02/2016 

    Imprimir       Email
  • Reunión da Comisión Executiva e do Consello Reitor do Inorde

A Comisión Executiva do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) celebrou onte no Pazo Provincial a súa sesión ordinaria, na que se aprobaron as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a concellos para a realización de accións de promoción de produtos ourensáns correspondentes ao exercicio 2016. Como último punto da orde do día, a aprobación das bases reguladoras da venda de animais de razas autóctonas.

12079280_1473851376254813_7656528737120868117_nTamén tivo lugar a sesión ordinaria do Consello Reitor do Inorde no que incluía na orde do día a aprobación do convenio de cooperación entre o Inorde e os concellos: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras do Xeodestino Manzaneda-Trevinca, para executar a primeira fase do plan director do Xeodestino nº 12 Manzaneda-Trevinca.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →