Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

Un “planeta móvil” en A Veiga acercará o mundo da ciencia a veciños e visitantes durante a Semana Santa

Por   /  23/03/2016 

    Imprimir       Email
  • O “planetario” proxectará un conto nunha novedosa sala de proxección semiesférica con capacidade para unha veintena de persoas

O Concello de A Veiga deu a coñecer o programa de actividades de Semana Santa, que conta con actividades deportivas, de ocio e culturales co afán de incentivar os valores do aprendizaxe,  a posta en valor do  medio ambiente e a lectura.

Así, na xornada do luns, 21 de marzo, foi presentada na biblioteca a obra Libros En-cantados do autor rués Magín Blanco, que interpretou en directo unha selección de temas, que él mesmo compuxo, acompañado dunha narración. Que o igual que sucede nas súas publicacions construen unha obra de cancions e  contos .

O próximo xoves, venres e sábado desenvolverase o Programa Starlight: Escola de Estrelas.  Así Obra Social da Caixa cedeu ó Concello  un planetario  onde se vai proxectar un conto, concretamente  “A nena que sabía camiñar ao revés”, nunha novedosa sala de proxección semiesférica con capacidade aproximada para 18-20 persoas. De feito, consta dunha cúpula hinchable na que se proxectan videos a cúpula completa, o que provoca unha sensación de inmersión total . Os participantes so teñen que entrar na cúpula, poñerse cómodos e deixarse levar pola proxeccion dixital que mostra con toda fidelidade contidos científicos, de forma amena e didáctica.

“O planeta móvil” é  unha actividade ideal para acercar o mundo da ciencia a participantes de tódalas edades, preferentemente os mais xoves . Será na sala de conferencias O Toural e conta ca colaboración da Asociación Xuvenil Cántara da Moura.

O Concello de A Veiga sinala que, dado que é unha actividad especialmente educativa e didáctica, están convidados tódolos rapaces da comarca e visitantes da zona.

Cartel

Cartel

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →