Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Unha obra na rede provincial no Concello de Vilamartín e a prestación do servizo ‘punto limpo’ en Viana e A mezquita nas comisións da Deputación de Ourense

Por   /  20/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Cooperación cos concellos en materia de subministración de auga e “punto limpo”
  • As comisións informativas da Deputación de Ourense celebran as súas reunións no Pazo Provincial
  • Nas xuntanzas de onte celebraranse as comisións de cooperación, facenda e transparencia

 

1fachada-deputacin-ouHoxe, na comisión de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente abordaranse tres convenios de cooperación, un referido ao control da subministración de auga potable ao Concello de Avión, segundo o cal a Deputación de Ourense prestará cooperación financeira e asistencia técnico a este municipio para a realización de accións de control da subministración domiciliaria de auga potable, no marco da xestión municipal do servizo de abastecemento domiciliario. Á cooperación financeira refírese ao préstamo de 153.440 euros e cun prazo de amortización equivalente ao da duración do convenio (catro anos, prorrogables por catro máis). O obxectivo deste préstamo é financiar a adquisición de novos contadores de auga, a súa instalación e a elaboración do padrón-base. A asistencia técnica consistirá na elaboración dun estudo dos usuarios dos servizos de abastecemento e saneamento do concello e a instalación dos contadores necesarios para a regularización do parque de contadores.

Os outros convenios a tratar na xuntanza son os relativos ao servizo intermunicipal do punto limpo, por unha parte, entre a Deputación de Ourense coa Mancomunidade de municipios da comarca de Verín e, por outra, coa Mancomunidade de municipios de Conso-Frieiras e os concellos de Viana do Bolo e A Mezquita, para a prestación deste servizo por parte do goberno provincial.

Nas reunións de hoxe, na comisión informativa Especial de Facenda abordarase a delegación na Deputación de Ourense das competencias de xestión tributaria e recadación das taxas do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra Incendios e Salvamento. Asemade tratarase a modificación dos expedientes nº 3/2016 e 4/2016 de modificación de créditos para o exercicio de 2016.

Por último, na comisión de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural tratarase a expropiación forzosa para a execución da obra “mellora, pavimentación e apertura accesos rede viaria municipal”, no Concello da Peroxa. Por outra parte, abordarase a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e de rede viaria provincial do exercicio 2016, relativa á obra da rede provincial nº 135/POS/2016 do Concello de Vilamartín de Valdeorras e á obra nº 133/POS/2016 do Concello da Teixeira.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →