Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Valdeorras presentó 11 propuestas para el programa ciudadano de PODEMOS

Por   /  21/08/2015 

    Imprimir       Email

Propuestas O Barco 01

 

Onte tivo lugar no Barco a xornada de presentación de propostas de PODEMOS en Valdeorras. Finalmente foron once as ideas programáticas que se expuxeron nunha mesa formada porMarcos Cal (Organizador destas xornadas desde o Círculo Pontevedra), Ángela Rodríguez(Secretaria de Igualdade e candidata ao Congreso por Pontevedra), Íñigo Ansotegui(membro do Círculo A Rúa) e Carmela Docampo (Secretaria Xeral PODEMOS O Barco e candidata ao Congreso por Ourense). Así mesmo, a reunión contou coa presenza de Juan Villarino, candidato de PODEMOS ao Senado.

Nesta convocatoria presentáronse tamén dúas propostas suxeridas por Rubén Compés e Ana Rodríguez, membros do Círculo PODEMOS Ourense, onde precisamente péchanse esta tarde estas xornadas que han ter lugar por toda a xeografía galega e nas que se presentaron decenas de ideas programáticas.

Propuestas O Barco 03

A partir de hoxe, estas propostas serán votadas e debatidas no espazo virtual Praza Galicia. As máis destacadas pasarán a Praza Podemos, onde se dará forma ao programa que PODEMOSpresentará nas próximas Eleccións Xerais.

Sen dúbida, trátase dunha nova forma de facer política, sen precedentes no noso país, xa que calquera cidadán ou grupo de cidadáns teñen a oportunidade de presentar as súas propostas, así como opinar e votar as ideas programáticas que xa están sendo debatidas e implementadas co consenso de todos os participantes.

Propuestas O Barco 02

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →