Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ampliación da Unidade de Hospitalización a Domicilio que terá un vehículo en Valdeorras

Por   /  15/09/2016 

    Imprimir       Email
  • A Unidade de Hospitalización a Domicilio renova e amplía seu parque móbil
  • Tendo en conta súa ampliación ao Barco e Verín a Unidade de Hospitalización a Domicilio pasará a contar con sete coches e cambiará os seus cinco actuais
  • O concurso inclúe tamén dúas novas furgonetas para transporte de persoal e material intercentros destinadas ao CHUO
  • O modelo de contratación en réxime de arrendamento permitirá garantir as máximas prestacións durante un período de uso de tres anos evitando súa obsolescencia e custes de mantemento

 

Urgencias

Urxencias Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV)

A Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do Servizo Galego de Saúde en Ourense, ampliará e renovará os vindeiros días seu parque móbil, pasando de cinco a sete vehículos, tendo en conta a ampliación deste servizo ás áreas de Valdeorras e Verín.

Para elo, a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, ven de anunciar a licitación dun concurso, público e aberto, para a contratación de sete turismos para Unidade de Hospitalización a Domicilio, así como dúas furgonetas de transporte intercentros de profesionais e material, para o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o que permitirá renovar a totalidade de vehículos deste centro, algúns deles do ano 2003.

Os novos turismos permitirán xubilar algúns dos primeiros vehículos dos que dispuxo esta unidade no CHUO, dos anos 2003, 2004 e 2007, e equipar cun vehículo propio aos novos equipos dos hospitais de Verín e Valdeorras.
Garantir plena dispoñibilidade dos coches

O modelo de contratación elixido, arrendamento sen opción de compra, por un período de 36 meses, cun orzamento de 166.680 euros, permitirá acceder ás últimas ofertas do sector automobilístico, evitando a obsolescencia dos equipos e seus custes de mantemento, limpeza, seguros, avarías, sinistros, etc. Garantindo, ademais, a plena dispoñibilidade e prestacións durante un período de tres anos.

As características esixidas, comúns a tódolos vehículos, é que deben ser novos, de cor branco, motor diesel, con potencia entre os 70 e os 100 CV, con dirección asistida, tracción delantera, e as mais recentes características en canto a seguridade. No caso dos sete turismos para HADO, deberán contar ademais con navegador e sistema de telefonía de mans libres instalado.
Hospital na casa

A Unidade de Hospitalización a Domicilio ten por obxectivo o mantemento dos coidados hospitalarios naqueles pacientes que, si ben xa poden ser dados de alta no hospital, aínda precisan duns coidados médicos e de enfermería especializados, que sirvan de ponte entre a atención especializada e a primaria.

As principais vantaxes deste modelo de hospitalización son que permite a recuperación do paciente nun entorno coñecido, mais saudable e favorable para a plena recuperación que o hospital, e baixo uns coidados especializados que evitan a sobrecarga de traballo, ou illamento da familia, ante a enfermidade do seu achegado.

Poden beneficiarse deste sistema todos aqueles pacientes ingresados que precisan de medios ou longos períodos de estanza no hospital, como algúns pacientes cirúrxicos, de procesos médicos unha vez superada a fase aguda, e crónicos de boa evolución. Ademais destes aspectos clínicos, tamén é importante a predisposición da familia e a adecuación do fogar para a convalecencia. Como é lóxico, o paciente poderá reingresar no hospital no caso de empeoramento ou de xurdir calquera complicación.

Para atender aos seus pacientes os equipos de HADO contan cun vehículo de transporte propio para cada un dos equipos, formado por médico e enfermeira, cada equipo atende diariamente unha media de entre 5 e 7 pacientes por día.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →